O Auditorio Mar de Vigo acolle a representación da ópera Aída
O próximo martes 26 de xullo o Auditorio Mar de Vigo "se viste de ópera", coa representación de Aída, segundo anunciou hoxe xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen non dubidou á hora de amosar a súa satisfacción por contar na cidade "cun evento cultural da máxima embergadura".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves a que será a "posta de largo" do Auditorio Mar de Vigo, que o martes, 26 de xullo, albergará a representación de Aída, ópera en catro actos de Giuseppe Verdi. Este "evento cultural da máxima embergadura", do que se poñen á venta 1.340 entradas, chega da mán da Ópera Nacional de Donetsk, Ucracia, e conta con 106 artistas aos que hai que sumar os membros da orquesta.
Segundo explicou o rexedor, esta compañía xa actuou en Alicante, Valladolid, Salamanca, Murcia e Madrid, e, no plano internacional, estivo de xira por Alemania e Italia. "E para min unha grande satisfacción presentar un espectáculo destas características", indicou, ao tempo que felicitou á concelleira de Festas, Isaura Abelairas e aos organizadores.
Pola súa banda, Nieves García-Soto, responsable da compañía en Vigo, explicou que se trata "dunha montaxe tradicional" de grande calidade técnica, cun equipo dunhas duascentas persoas, e destacou as cualidadades dos artistas, todos eles primeiras figuras. Os prezos oscilan entre os 20 e os 38 euros e, segundo aclarou García-Soto, todas as butacas do Auditorio son de boa visibilidade.
Descargar todas as imaxes