O emulador de vo da Patrulla Águila estará desde mañá na Porta do Sol
O emulador de vo da Patrulla Águila estará o venres e o sábado, 22 e 23 de xullo, na Porta do Sol para que todos os vigueses que así o desexen poidan sentir as sensacións dos pilotos que o domingo van participar no Festival Aéreo de Vigo. O alcalde reiterou hoxe xoves a invitación a toda a cidadanía para achegarse o domingo a Samil, instando a que o fagan usando transporte público deseñado especialmente para a ocasión.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, invitou de novo a toda a cidadanía a achegarse o domingo a Samil para disfrutar do Festival Aéreo, insistindo na necesidade de utilizar o transporte público, que contará cun servizo de lanzadeiras especiais cara ao evento. O rexedor destacou a importancia de manter un "evento destas características" en tempos de crise e explicou que o custo do Festival está dividido en dúas partidas. A primeria delas "non é cuantificable" porque é a que corresponde ao gasto dos distintos exércitos de aire que participan e, referiuse a unha segunda partida orzamentaria, que corresponde ao Concello, que oscila entre os 50 e os 60.000 euros.
Por outra banda, e dentro as actividades paralelas ao Festival, os vigueses que queiran experimentar as sensacións dos pilotos que participan no Festival poderán subirse do emulador de vo da Patrulla Águila que estará na Porta do Sol venres e sábado, 22 e 23 de xullo a partir das 10.00 horas, mentras que o domingo, estará xa en Samil. O rexedor visitará mañá venres este emulador sobre las 11,00 horas da mañá.