Escoitar

A corporación esixe á Deputación de Pontevedra as achegas que lle debe ao Marco

Socialistas e nacionalistas decidiron hoxe martes esixirlle á Deputación de Pontevedra que pague as achegas que lle debe ao Marco, tal e como comprometeu nun Convenio asinado entre a institución provincial e o museo no pasado ano 2009. A concelleira socialista, Isaura Abelairas, recordou que a institución provincial ten pendentes as partidas de 2009, 2010 e 2011.

martes, 26 xul 2011
Os votos de socialistas e nacionalistas decidiron hoxe martes reclamarlle á Deputación de Pontevedra que realice á Fundación Marco o pago das achegas correspondentes aos anos 2009, 2010 e 2011. Nunha moción, a concelleira socialista Isaura Abelairas, recordou a institución provincial débelle ao museo de Vigo 450.000 euros, tal e como se recolle no convenio de colaboración entre a Deputación e a Fundación Marco do 29 de decembro de 2009.

Os Pleno decidiu esixirlle á Deputación que cumpra cos compromisos adquiridos coa Fundación Marco e, polo tanto, coa cidade de Vigo. O texto da moción sometida a votación recorda que nese convenio de colaboración figura unha aportación de 150.000 euros con cargo á partida 09/451.451.489.15 do orzamento dese ano. Un ano seguinte, o 22 de decembro de 2010 e fora da orde do día, concédese a subvención a Fundación Marco.