Escoitar

Abelairas presentou o concerto da Coral Casablanca, un percorrido pola música galega, o pop e o cine

A concelleira de Cultura e Festas presentou este xoves o concerto que ofrecerá de balde a Coral Casablanca mañá venres ás 23 horas no parque de Castrelos, unha cita festiva que tornarase nun percorrido pola música galega, algunhas das bandas sonoras máis memorables do cine e éxitos do pop. Isaura Abelairas subliñou a "categoría" desta formación, declarada de interese galego e cultural, e invitou á cidadanía a presenciala.

xoves, 28 xul 2011
1311855455isaura.jpg
A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentou este xoves o concerto que ofrecerá a Coral Casablanca, que converterase nun percorrido pola música galega, o pop e o cine.

A cita terá lugar mañá venres ás 23 horas no parque de Castrelos, con entrada gratuíta ata completarse as 2.500 butacas do aforo. A edil explicou que a Antoloxía 2005-2010 que presentará a Coral Casablanca levará ao público algunhas das bandas sonoras máis recoñecibles do cine, temas da música galega e clásicos do pop.

Abelarias salientou a "categoría" musical dunha formación declarada de interese cultural e galego, Medalla de Ouro da Real Academia de Bellas Artes, entre múltiples distincións, e que estará dirixida na noite do venres por Oscar Villar cos arranxos de Marcos Valcarcel.
Descargar todas as imaxes