mércores, 26 ago 2009
Abel Caballero recibiu este mércores ás dotacións policiais que actuaron no incendio acontecido en Jenaro de la Fuente do pasado sábado, e que non rexistrou danos persoais. O alcalde felicitou á Policía Local e Nacional "no nome da cidade" e adiantou asemade que "entre mañá e pasado" recibirá o informe sobre que mida a regularidade o acopio de materias nas obras do Concello.
mércores, 26 ago 2009
Abel Caballero visitou este mércores os traballos de humanización de Baiona e Redondela, que suman 2,7 millóns de euros de investimento. As melloras en Coia ampliarán as beirarrúas e manterán o doble sentido de circulación e os aparcamentos, mentres que o alcalde anunciou que estuda fórmulas para ampliar as plazas en Coia ante a elevada demanda.
martes, 25 ago 2009
O alcalde visitou este martes os traballos de humanización do entorno de Castrelos, que comprende as Avdas de Balaídos e Portanet e a rúa Val Miñor, xa rematada. Estas, xunto coa mellora en marcha na Avda de Castrelos, suman seis millóns de euros nunha zona "que non tiña melloras desde fai anos".
martes, 25 ago 2009
Abel Caballero, no cumplimento do primeiro ano en vigor da práctica totalidade do Plan Xeral, fixo balance positivo dun planeamento co 43% de vivenda protexida, que xa ten iniciados 20 ámbitos -tanto de iniciativa pública como privada- que suman máis de 10.000 vivendas, 4.573 delas de protección. "O Plan goza de moi boa saúde", concluíu o alcalde.
luns, 24 ago 2009
Abel Caballero visitou este luns os traballos de humanización das rúas Barcelona, Zamora, Valencia, Illas Baleares, Illas Canarias, Zaragoza e Sevilla; o entorno de POVISA que, xunto á xa rematada de Faustino Álvarez, empregan a 181 persoas e supón un investimento de 8,6 millóns de euros. "As obras terminarán no prazo previsto", indicou o alcalde.
luns, 24 ago 2009
Abel Caballero entrevistouse este luns coa Confraría de Bouzas e acordaron estudar conxuntamente o percorrido vigués da ruta xacobea pola costa, ademais de impulsar unha ruta marítima desde Portugal seguindo a chegada do apóstolo a Compostela. O alcalde asegurou que esta é unha "magnífica e novidosa idea".
luns, 24 ago 2009
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os padróns do Imposto de Bens Inmobles e do Imposto de Actividades Económicas correspondentes a 2009. Os bens censados no IBI polo Concello increméntanse nun 4,3% mentres que o padrón fiscal do IAE volve ascender un 0,5%, segundo explicou o alcalde.
venres, 21 ago 2009
Abel Caballero recibiu este venres a Leire Carrascosa e María González Centeno, parte do equipo español de baloncesto sub-16 que ven de gañar o campionato europeo da categoría celebrado en Italia nas pasadas datas. O alcalde felicitou ás deportistas viguesas, as animou a continuar coa súa progresión e valorou positivamente a presencia do deporte vigués no ámbito estatal.
venres, 21 ago 2009
Abel Caballero visitou este venres os traballos de mellora da rúa Tomás Alonso, entre Pi i Margall e a Praza da Industria, que leva un mes de adianto polo que en setembro estará rematado, segundo salientou o alcalde. Caballero tamén subliñou que a obra emprega a 10 persoas procedentes do INEM.
venres, 21 ago 2009
O alcalde e presidente da Mancomunidade de Vigo informou este venres da aprobación de sendos proxectos de e-administración para os Concellos da Mancomunidade, decisión adoptada na Xunta de Goberno deste organismo. O modelo de xestión administrativa vigués implantarase nos restantes municipios, unificando os sistemas.