luns, 18 ago 2008
O alcalde, Abel Caballero, acudíu este luns á Praia de O Vao onde está ubicado a campaña de comunicación Efervescencia na Praia, organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia que procura achegar as ciencias do mar á sociedade. O rexedor felicitounos pola organización de eventos deste tipo que afondan na "sensibilización das novas xeracións" da trascendencia do cambio climático.<br />
luns, 11 ago 2008
Os responsables do clube de baloncesto vigués acudiron este martes á Alcaldía para solicitar o apoio do rexedor e a mellora das instalacións que teñen na sede do centro educativo, en Coia. Abel Caballero mostrou o seu apoio ao deporte de base da cidade e a un Clube no que se exercitan preto de 500 rapaces e rapazas.
luns, 11 ago 2008
Abel Caballero visitou este luns a praia de O Vao para observar de primeira man o "traballo excepcional" que desempeñan o servizo de salvamento e socorrismo nos areais vigueses. O alcalde fixo balance das actuacións levadas a cabo polos socorristas, a brigada Seguridade Costa e Praia da Policía Local e a Cruz Vermella; a gran maioría, picaduras de fanecas.
xoves, 7 ago 2008
Os técnicos en bibliotecas do Ministerio de Cultura deron este xoves o seu visto bo á construción da futura Biblioteca Estatal na viguesa Praza do Rei. A ubicación, proposta polo Concello, se "adapta magníficamente" ás características técnicas necesarias para a súa edificación, segundo lle trasladaron os responsables ao alcalde. Abel Caballero adiantou que a finais do verán podería asinarse o convenio e o proxecto podería estar contratado "en cinco ou seis meses".
mércores, 6 ago 2008
Abel Caballero refrendou o seu compromiso coa cultura e cos artistas da cidade no encontro que mantivo este mércores na Alcaldía co pintor vigués.
mércores, 6 ago 2008
O alcalde presenciou onte martes a primeira dunha serie de actuacións que se estenderán durante a presente semana. O certame "A Música dos Nosos Barrios" está organizada pola Hermandade de Devotos de San Roque e se está a celebrar no recinto da Finca de San Roque.
mércores, 6 ago 2008
Uns 800 nenos de entre 8 e 15 anos vindos de toda Galicia se deron cita este mércores na viguesa Praza do Rei por mor do vixésimo aniversario do campamento urbano de Abertal, que este ano comezou o pasado 4 de agosto e rematará o vindeiro 14 deste mes. O alcalde, Abel Caballero, intercambiou agasallos cos rapaces, quenes convivirán todo o día na cidade realizando distintos xogos e actividades.
martes, 5 ago 2008
O rexedor, Abel Caballero, recibíu este martes ao bispo da diócese Tui-Vigo, José Diéguez, encontro no que trataron da retirada dos símbolos do réxime dos edificios relixiosos da cidade. O alcalde explicou que existen 11 igrexias afectadas, relación que enviará á Concellería de Patrimonio Histórico para que dictamine o mellor xeito de eliminalos sen afectar aos edificios. Despois, se procederá á retirada dos mesmos.
luns, 4 ago 2008
O alcalde mantivo este luns un encontro con representantes de ADIF e NEXSA, encargadas da construción da nova estación de Urzáiz, para estudar a modificación da mesma tras o modificación da entrada da Alta Velocidade en Vigo, que pasa a ser soterrada. A mediados de outubre estará listo o proxecto básico dunha estación que ocupará 40.000 metros cadrados de superficie.