Escoitar

Abel Caballero asina o convenio con EMAUS para a creación e xestión do albergue provisional

A sinatura coa Fundación Social permitirá poñer a disposición das persoas sen teito da cidade entre 35-40 camas o vindeiro outono-inverno. O convenio contempla a cesión de espazos no edificio da Escola de Hostalería e un período de vixencia de 4 anos. Abel Caballero salientou que a rúbrica supón o cumprimento "dun importante compromiso do goberno e da cidade"

venres, 6 mai 2011
1304688051emaus.JPG
O convenio asinado na mañá deste venres inclúe a cesión do baixo e as plantas 2ª, 3ª e 4ª do edificio da Escola de Hostalería que permitirán acoller preto de 40 camas, comedor, zona de estar, recepción... Así o explicou o alcalde quen indicou que o persoal que atenderá as persoas sen teito será especializado.

O acordo ten unha vixencia de 4 anos e en virtude do mesmo EMAUS Fundación Social encargarase da adaptación e acondicionamento do inmoble e da xestión. Caballero explicou ademais que o conxunto da operación ascenderá a 495.000 euros da reforma do edificio, 180.000 euros de equipamento e 512.000 euros de xestión anual.
Descargar todas as imaxes