mércores, 4 mai 2011
Abel Caballero destacou que Vázquez Varela "clamaba pola necesidade da súa humanización", mellora para a que o Concello de Vigo destinou máis dun millón de euros e rematará en 15 días. O rexedor vencellou esta obra ás xa acometidas noutras rúas do entorno, como Urzáiz, Pizarro, San Salvador ou Condesa Casa Bárcena e engadiu que Vía Norte será reformada co proxecto de Thom Mayne para a estación de ferrocarril, a iniciar este verán co derrubo da actual en Urzáiz.
mércores, 4 mai 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o concerto que o artista Dani Martín, ex integrante de El Canto del Loco, ofrecerá o vindeiro 20 de maio no Ifevi ás 22.30 horas. O nacionalista asegurou que esta actuación enmárcase na "aposta iniciada hai catro anos pola diversificación", para que ademais de escenario de congresos e feiras o Ifevi sexa tamén "escenario emblemático de concertos e eventos culturais".
mércores, 4 mai 2011
O alcalde de Vigo recibiu na mañá deste mércores a Christian Fernández Mariño, único vigués que obtivo medalla na Olimpiada Spain Skills de formación profesional, que celebrouse a comezos de abril en Madrid coa participación de 262 persoas. Christian é alumno do centro de FP Politécnico de Vigo e representará a España no campionato europeo da modalidade.
mércores, 4 mai 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores que xa está aberto o prazo para participar nos programas Verán de Lecer e Sábados Dinámicos. María Méndez destacou que estas dúas iniciativas, destinadas ás persoas con discapacidade, reflicten a aposta pola igualdade de oportunidades de todas as persoas, da que son "abandeiradas a Concellería de Benestar Social e a Tenencia de Alcaldía".
mércores, 4 mai 2011
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes a XXIV Festa do Karate, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de maio no pavillón de Bouzas dende as 17 horas, organizada pola agrupación deportiva Zanshin. O concelleiro nacionalista salientou que serán máis de 350 deportistas os que participarán no evento, de 7 clubs da cidade e as Escolas Deportivas Municipais.
mércores, 4 mai 2011
O Verbum acolle desde o día 4 de maio a exposición "Galicia nas Ondas. 1933-2011". A mostra amosa dende a introdución do invento da radio en Galicia na década dos anos trinta do pasado século ata a actualidade, e constitúe un Museo da Radio en Galicia con sede estable no Verbum. Os seus contidos foron aportados por diferentes empresas radiofónicas galegas e diversos arquivos públicos e privados da comunidade.
mércores, 4 mai 2011
O xoves, 5 de maio, ás 19 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas contarase coa presenza de Eva Vieites Salmonte que nos falará sobre unha viguesa con historia: Urania Mella, presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo.