venres, 6 mai 2011
Abel Caballero anunciou este martes que o Consello da Xerencia de Urbanismo celebrada nesta mañá aprobou a posta a disposición de parcelas municipais para o desenvolvemento e construción destas 453 vivendas. O prazo estará aberto ata un mes despois da publicación da resolución no BOP e as inscricións poden realizarse na Oficina Municipal de Vivenda.<br />
venres, 6 mai 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, visitou este venres as instalacións provisionais do mercado de O Progreso, que permanecerá na praza superior o tempo que duren as obras de remodelación. O nacionalista amosou a súa satisfacción polo incremento do 20% nas vendas, que segundo os vendedores e vendedoras deste mercado municipal se rexistraron onte despois de realizar o traslado á zona superior.
venres, 6 mai 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, respaldaron hoxe venres á organización na presentación do trofeo para discapacitados intelectuais, que terá lugar mañá sábado no Pavillón das Travesas. Máis de 350 atlentas participarán nos Xogos, que inauguraranse ás 10:45 para iniciar a competición ás 12 horas, rematando ás 19:30h. Tanto a organización como os responsables municipais animaron á cidadanía a presenciar o campionato. <br />
venres, 6 mai 2011
O Auditorio Municipal acolle este fin de semana dous novos espectáculos musicais propostos pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Mañá, 7 de maio, a banda de jazz Javier Arroyo & El Lusitania Jazz Machine presentará, ás 21 horas, seu segundo disco "Sur mira al sur". O domingo, ás 18 horas, a compañía Teatro do Morcego levará á escena a súa obra musical "Saltimbanquis", destinada a rapaces e rapazas a partir dos 5 anos. Nos dous casos as entradas pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.<br />
venres, 6 mai 2011
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, subiuse a unha bicicleta para promocionar, acompañado por ciclistas de todas as idades e de varios equipos de Vigo, a Decabike, a Festa da Bicicleta, que o domingo pola mañá sairá do aparcadoiro de Samil (10:00 horas) e que percorrerá varias rúas e avenidas da cidade co patrocinio de Decathlon.
Benestar Social
venres, 6 mai 2011
O proxecto consiste nun servizo de ocio e tempo libre, de caracter non permanente, dirixido a persoas discapacidas con necesidade de apoios intermitentes e persoas con mobilidade reducida, empadroadas no Concello de Vigo.
Normalización Lingüística
venres, 6 mai 2011
O próximo 8 de maio, ás 18.00 h, detrás do MARCO (r/ Londres, s/n) proxectarase a curta O soldadiño de chumbo. Tamén haberá xogos e actividades. Recomendada para idades entre os 5 e os 9 anos.