Escoitar
Promoción Económica e Emprego

Convocatoria para a selección de candidatos/as a un posto de Axente Tic

<br />

venres, 6 mai 2011
A Concellería de Promoción Económica e Emprego, no marco do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia da rede CEMIT, abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de selección para un posto de Axente TIC para a xestión do telecentro "Vigo Dixital", coas seguintes características:
Titulación:Formación Profesional de Grado Superior ou superior.
Contratación:"Funcionario/a interino para a execución de programas de carácter temporal" (condicionado á sinatura do convenio).
Procedemento: Concurso-Oposición
Os impresos de solicitude e as bases reguladoras da convocatoria, se recollerán na oficina de información da lonxa, e na páxina web www.vigo.org apartado de Ofertas de Emprego
Máis información no teléfono do UTIL 986263068 e no 010.
O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral remata o vindeiro 10 de maio de 2011