A compañía Teatro do Morcego representa mañá venres no Auditorio Municipal a comedia "A Nona"
O Auditorio Municipal acollerá mañá, 6 de maio, unha nova actuación do programa que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Trátase da comedia "A Nona", que a compañía Teatro do Morcego representará ás 21 horas, dirixida por Roberto Cossa. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.
Cun elenco artístico integrado por Miguel Pernas, Mundo Villalustre, César Goldi, Mónica Camaño, Elina Luaces, Miguel Varela e Iolanda Muíños, "A Nona" narra a historia dunha familia arxentina de orixe italiana. Nela, a a avoa (a nona) de avanzada idade, come sen parar, mentres a familia camiña cara á ruína e procuran os máis diversos camiños para gañar diñeiro (prostitución, mendicidade, enganos, etc.). Nun momento de desesperación a familia comeza a tentar
asasinar a nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela, ata que, no final da obra, só queda a nona.
asasinar a nona, pero son os membros da familia os que van resultando mortos neses intentos por desfacerse dela, ata que, no final da obra, só queda a nona.