xoves, 5 mai 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este xoves a XXI Reunión Anual da Asociación Galega de Psiquiatría, que reunirá a máis de 200 profesionais os días 24 e 25 de xuño no Pazo de Congresos. O nacionalista afirmou que estas xornadas forman parte dos 14 congresos que xa pechou o Vigo Convention Bureau, que traerán á cidade máis de 12.000 congresistas e un volume de negocio superior aos 9 millóns de euros.
Viaxe enmarcada no convenio asinado entre o Concello e Vueling
xoves, 5 mai 2011
Traballadores do metro, xornalistas ou estudantes de máster forman parte da poboación viguesa residente na capital inglesa. Os residentes consultados piden a continuidade do voo Vigo-Londres máis alá do mes de outubro. Heathrow é o aeródromo máis próximo á cidade, o mellor comunicado ademais de contar co maior tráfico internacional de Europa.
xoves, 5 mai 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero xunto co acuarelista Ramón Méndez Paz e varios concelleiros participaron na mañá deste xoves unha nova edición do ciclo expositivo Mostrarte. Na inauguración o artista estivo arroupado por xentes da cultura así como polo cronista Lalo Vázquez Gil e Mingos Teixeira, coordinador do programa.
xoves, 5 mai 2011
O Auditorio Municipal acollerá mañá, 6 de maio, unha nova actuación do programa que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Trátase da comedia "A Nona", que a compañía Teatro do Morcego representará ás 21 horas, dirixida por Roberto Cossa. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.
xoves, 5 mai 2011
O Verbum – Casa das palabras inaugurou o 4 de maio dentro das súas instalacións o museo da Radio de Galicia, unha instalación composta por máis de 300 pezas doadas por emisoras, institucións e particulares, que repasa a historia deste medio de comunicación en Galicia dende o nacemento do medio de comunicación en 1920 ata finais do século XX.
xoves, 5 mai 2011
O sábado 7 de maio terá lugar a segunda das rutas do programa da concellería de Patrimonio Histórico, "Vigo: a descoberta da historia", que integra catro rutas que se celebrarán en sábados alternativos.Tras saír ás 11 horas dende a Colexiata, terá paradas nas prazas da Constitución e da Princesa, a rúa Imperial, as Portas da Gamboa e Laxe, o hotel Universal, o monumento a Elduayen, a Praza de Compostela, Policarpo Sanz e a Porta do Sol.<br />