martes, 3 maio 2011

O alcalde avanza a apertura do prazo de inscripción para optar ás 453 vivendas de protección en solo municipal

Abel Caballero anunciou este martes que aqueles interesados en optar a algunha das 453 vivendas de protección que construirán cooperativas en solo municipal poderán comezar a inscribirse desde o próximo venres na Oficina municipal de Vivenda. Os pisos construiranse en zonas como O Calvario, Ramón Nieto, San Roque ou Rosalía de Castro, e poderán optar unidades familiares que non superen os 47.000 euros anuais de ingresos.

Caballero anuncia a creación dun equipo da Policía Local en bicicleta que actuará no centro da cidade

martes, 3 mai 2011

O alcalde de Vigo recibiu hoxe martes aos 10 axentes que formarán parte deste novo dispositivo de vixilancia policial no centro da cidade en bicicleta, que xa están traballando e continuarán ata o mes de outubro. Caballero eloxiou a "cercanía" aos cidadáns dos axentes, que operarán no Casco Vello, en Príncipe e en Montero Ríos, entre outras. Abel Caballero tamén deu a benvida aos seis novos membros da Policía Local de Vigo e lembrou que nos últimos catro anos incrementouse o plantel en 75 efectivos.

O Concello de Vigo homenaxea ao Octavio-Pilotes Posada polo éxito do seu ascenso á liga Asobal

martes, 3 mai 2011

O alcalde, o tenente de alcalde, e o concelleiro de Deportes recibiron esta mañá aos xogadores e corpo técnico do Octavio-Pilotes Posada para expresarlles os seus parabéns polo ascenso do equipo á liga Asobal de Balonmán. No acto, celebrado no Auditorio Municipal, os tres destacaron o gran traballo feito ao longo da tempada polo club Octavio e ratificaron o respaldo ao club por parte da administración local.

O Concello fará "definitiva" a "taxa cero" na instalación de terrazas na cidade

martes, 3 mai 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes á Federación Provincial de Hostelería da decisión de manter a rebaixa nas taxas municipais para a instalación de terrazas, para axudar á reactivación económica e do emprego no sector. Caballero transmitiulles ademais que teñen "liberdade" para ornamentar as mesmas sempre e cando axústense ao espazo autorizado. O alcalde tamén adiantou a "vocación" municipal de manter a taxa cero na concesión de licenzas de actividade e de primeira ocupación.

Iolanda Veloso destaca que máis de 3.000 nenos e nenas participaron no sexto "Camiña con nós pola igualdade"

martes, 3 mai 2011

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, participou este martes na clausura do programa "Camiña con nós pola igualdade" do CEIP García Barbón. A nacionalista destacou o constante aumento de rapaces e rapaces participantes na iniciativa, que nesta nesta sexta edición chegou a 3.186 alumnos e alumnas de 42 centros escolares da cidade. A concelleira sinalou a importancia da educación "para previr a violencia e fomentar a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos".

Xabier Alonso anuncia que o Sector do Campionato de España de balonmán cadete feminino comezará o venres no Carballal

martes, 3 mai 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, adiantou este martes que o Sector do Campionato de España de cadete feminino celebrarase o vindeiro fin de semana, do 6 ao 8 de maio, no pavillón do Carballal. Esta competición enfrontará ao Club Carballal con outros tres equipos, de Valladolid, Madrid e Canarias, dos que só o gañador pasará á fase seguinte.

O Auditorio Municipal acolle mañá e o xoves a estrea da obra "Gordechas", a cargo de Máscara Producións

martes, 3 mai 2011

A programación que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá e o xoves coa actuación da compañía Máscara Producións, que estreará a obra "Gordechas" ás 20.30 horas. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.