Xabier Alonso anuncia que o Sector do Campionato de España de balonmán cadete feminino comezará o venres no Carballal
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, adiantou este martes que o Sector do Campionato de España de cadete feminino celebrarase o vindeiro fin de semana, do 6 ao 8 de maio, no pavillón do Carballal. Esta competición enfrontará ao Club Carballal con outros tres equipos, de Valladolid, Madrid e Canarias, dos que só o gañador pasará á fase seguinte.
"Como concelleiro de Deportes estou moi feliz por que este campionato se celebre na cidade de Vigo", asegurou Xabier Alonso. O nacionalista afirmou que está garantido que o Carballal "vai botar toda a súa ilusión e forza" na organización da competición, polo que expresou os seus parabéns ao club pola súa capacidade organizativa. Indicou que o Carballal de balonmán está facendo un "bo traballo na base que dende a Concellería de Deportes quería aplaudir, nomeadamente no que se refire ao balonmán feminino", dixo ao respecto.
A xogadora Marta Ramallo, unha das máximas goleadoras do equipo, explicou que non poderá participar neste campionato debido a unha lesión. Sinalou que o equipo "máis perigoso" é o de Madrid; porén manifestou a súa confianza de que O Carballal poderá chegar á segunda fase.
Descargar todas as imaxes