As acuarelas de Méndez Paz enchen de cor os espazos da Alcaldía
O alcalde de Vigo, Abel Caballero xunto co acuarelista Ramón Méndez Paz e varios concelleiros participaron na mañá deste xoves unha nova edición do ciclo expositivo Mostrarte. Na inauguración o artista estivo arroupado por xentes da cultura así como polo cronista Lalo Vázquez Gil e Mingos Teixeira, coordinador do programa.
O alcalde de Vigo destacou na inauguración a sensación de "proximidade" e "limpeza" que producen as acuarelas de Ramón Méndez Paz. O artista, ourensán de nacemento e vigués e adopción propón neste percorrido varias obras que non son simples reproducións da natureza senón que falan de emocións, de sentimentos e pensamentos.
Esta expresión a fai Paz a través dunha técnica depurada, obtida con moitos anos de traballo. Coma el mesmo recoñeceu en diferentes ocasións "a acuarela é coma unha noiva caprichosa, da que tes que estar todo o día pendente".
Descargar todas as imaxes