A música de Lusitania Jazz Machine e do Teatro do Morcego son as propostas do Auditorio Municipal para o fin de semana
O Auditorio Municipal acolle este fin de semana dous novos espectáculos musicais propostos pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Mañá, 7 de maio, a banda de jazz Javier Arroyo & El Lusitania Jazz Machine presentará, ás 21 horas, seu segundo disco "Sur mira al sur". O domingo, ás 18 horas, a compañía Teatro do Morcego levará á escena a súa obra musical "Saltimbanquis", destinada a rapaces e rapazas a partir dos 5 anos. Nos dous casos as entradas pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.<br />
No concerto de mañá, o pianista cacereño-pucelano Javier Arroyo presentará o seu segundo traballo discográfico ao fronte de El Lusitania Jazz Machine, "Sur mira al sur", no que versionan a Pablo Guerrero, Nicolás Guillén ou Viglietti. É significativo sobre o estado do jazz en España que Arroyo e a súa xente gravaran só dous discos, -o anterior foi "Milho verde"- en trinta anos de carreira e que se tivese que autoproducir este traballo. Ademais de Javier Arroyo, piano, harmónica e voz, El Lusitania Jazz Machine está formado tamén por Pancho Brañas, batería; Guillermo Morente, contrabaixo; Ángela Muro, voz; Paul Stocker, saxos e frautas; e Pierre Thary, violonchelo. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 10 euros.
Baixo a dirección de Celso Parada, os artistas Mundo Villalustre, Iolanda Muíños, Maxo Barjas, Mighello Blanco, Serginho e a colaboración de cinco actores da Escola de Teatro de Narón, o Teatro do Morcego presentará o domingo "Saltimbanquis". A peza ten como protagonista un burro que, canso da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballaba, na procura de mellores condicións de vida. No camiño á cidade atopa un can e unha galiña que foxen polo mesmo motivo, xunto cunha gata, á que botaron da casa porque pasara a noite cantando. Unidos contra a tiranía dos donos, deciden formar un conxunto musical e parten cara á cidade dos soños, compoñendo belas cancións. O prezo das entradas para ver esta obra é de 3 euros os menores de 12 anos e 5 euros os maiores.