O concelleiro de Deportes e os clubs de Vigo animan á cidadanía a participar na Decabike, a Festa da bicicleta, este domingo
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, subiuse a unha bicicleta para promocionar, acompañado por ciclistas de todas as idades e de varios equipos de Vigo, a Decabike, a Festa da Bicicleta, que o domingo pola mañá sairá do aparcadoiro de Samil (10:00 horas) e que percorrerá varias rúas e avenidas da cidade co patrocinio de Decathlon.
O Club Ciclista Teis, que forma parte da organización da proba dominical apoiando á firma Decathlon, o Club Ciclista Vigués, o C.C. Coruxo, o C.C. Meixoeiro, o C.C. Ría de Vigo e o C.C. Biciverde levaron a unha representación dos seus ciclistas á pista de rodaxe das Travesas para unha simbólica saída neutralizada previa á marcha ciclista dominical.
"En Vigo hai moita afección ao ciclismo e as rúas non son só dos coches; a cidade estase a concienciar tamén da necesidade de carriis bici porque nas nosas rúas debe haber lugar para ciclistas e peóns", sinalou o concelleiro nacionalista, tras dar varias voltas á pista.
O grupo de ciclistas fotografouse co cartel da proba e, posteriormente, Jerome Urruty, director da tenda de Decathlon en Vigo, deu a saída neutralizada. Para el, "a inscrición marcha moi ben e cremos que podemos acadar unha marca de participantes e competir con cidades nas que sairán 2.000 ou 3.000 ciclistas". De feito, o interese non acada só a Vigo, senón tamén á súa área de influencia. "A primeira inscrita foi unha muller de Baiona", lembra David Lorenzo, director en formación de Decathlon.
O prazo de inscrición está aberto ata este sábado día 7 a través da web da firma patrocinadora (www.decathlon.es) ou na propia tenda, no parque do Meixoeiro. A organización cita aos participantes ás 9:30 horas no aparcadoiro de Samil e ten previsto no parque de Castrelos (entre as 11:00 e as 12:45 horas) unha gymkana para os máis pequenos, un taller de ciclismo ou a presentación da bicicleta eléctrica, entre outras actividades previstas.