luns, 23 xuñ 2008
O proxecto arquitectónico básico definitivo do novo Hospital de Vigo presentado hoxe polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, recolle as achegas dun total de 24 grupos de traballo de profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Estes profesionais facilitaron ao equipo arquitectónico as súas conclusións do estudo e análise do proxecto inicial enriquecéndoo. Por iso, o proxecto experimentou unha ampliación da súa superficie asistencial dun 14,21 por cento, pasando de 152.000 metros cadrados a un total de 173.600 metros cadrados construídos na área asistencial. A superficie destinada a aparcamentos tamén rexistrou un aumento do 30,21 por cento, ao pasar de 96.000 a 125.000 metros cadrados.
venres, 20 xuñ 2008
"Os mil Concellos máis importantes de España recibirán este traballo", salientou Abel Caballero durante a presentación, e adiantou que a futura ordenanza viguesa contra a contaminación acústica seguirá as recomendacións do Valedor entre "un 95 e un 98%". O libro analiza a lexislación vixente e propón unha normativa aplicable a todos os Concellos de España.
mércores, 18 xuñ 2008
O alcalde, Abel Caballero, e o director xeral da entidade, José Luis Pego, asinaron este mércores a acordo de colaboración "Caixanova na rúa" polo que, entre os días 8 e 11 de xullo, 28 grupos diferentes dunha ducia de disciplinas artísticas realizarán nas rúas e prazas da cidade un total de 60 actuacións. O obxectivo é achegar a cultura aos cidadáns.
luns, 16 xuñ 2008
Abel Caballero fixo balance do primeiro ano do goberno local, cumprido este luns, repasando "con feitos" a marcha da cidade. O alcalde salientou a aprobación do Plan Xeral e dos orzamentos como "feitos históricos para Vigo", e subliñou que nestes 12 meses se "desatascaron" os "compromisos da cidade", como o Auditorio, a Alta Velocidade, as autovías, o aeroporto, o porto, a Biblioteca estatal, a Cidade do Mar, o Novo Hospital, a depuradora, as humanizacións e os aparcadoiros, entre outros.
venres, 13 xuñ 2008
Abel Caballero e César Portela, acompañados por Santiago Pérez en representación da empresa, presentaron este venres o proxecto construtivo do Auditorio. Para adaptalo ao orzamento de 90 millóns de euros, as tres partes acordaron recortar dotación privada e manter a parte pública intacta: a gran sala con 1.500 butacas, outra menor para 500 persoas, a praza e o mirador na cuberta do edificio. Os traballos comezarán en setembro.
xoves, 12 xuñ 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero e o director do aeropuerto de Peinador, Antonio García Pierre, visitaron esta mañá as obras que se van a acometer no aeroporto e que consisten na reforma da terminal de carga e da zona de facturación e clasificación de equipaxes ,ampliación plataforma, construción do edificio aparcamiento e bloque técnico.
martes, 10 xuñ 2008
O alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, recibiu este martes ao Presidente da Fundación Biosfera, Juan Verde, responsable en España do proxecto climático mundial de Al Gore. Tras o encontro, Abel Caballero informou que en "moi poucos días" se pecharán "accións conxuntas" na loita contra o cambio climático.
martes, 10 xuñ 2008
Abel Caballero e Teresa Pisano mantiveron este martes o primeiro encontro tras a designación da mesma como nova delegada da Zona Franca de Vigo. O alcalde calificou a reunión de "moi satisfactoria" e avanzou que, coa nova responsable do Consorcio, "Zona Franca vai entrar decididamente no terreo da cooperación coa cidade".
luns, 9 xuñ 2008
Este luns tivo lugar no edificio municipal do Areal a constitución do Consello Consultivo das TIC, do que formarán parte todas aquelas empresas do sector ubicadas en Vigo e a súa área de influencia. O seu obxectivo será que os expertos na materia asesoren ao alcalde nos proxectos que favorezan a mellor calidade de vida dos cidadáns e á cidade no seu conxunto.
venres, 6 xuñ 2008
A próxima edición da Feira Mundial da Pesca se celebrará en Vigo o próximo ano 2009, e o alcalde avanzou que xa se está a preparar un evento que permitirá que "a atención mundial" da pesca se fixe na cidade. Abel Caballero mantivo este venres un encontro co director da Feira, Alfonso Paz Andrade, tras o cal adiantou que a sostenibilidade da pesca será un dos pilares da WFE viguesa do 2009.