O alcalde avoga por "cooperar e colaborar" coa automoción viguesa nos seus proxectos de I+D+i
Abel Caballero visitou este venres as instalacións da empresa de compoñentes da automoción MGI Coutier España, ubicada no Polígono do Caramuxo onde traballan máis de 350 persoas. Esta compañía é provedora de pezas metálicas e plásticas para marcas como PSA, Renault, General Motors ou Toyota, entre outras. O primeiro edil ofreceuse a intermediar co Ministerio de Industria nos proxectos da automoción viguesa de I+D+i.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu hoxe venres "cooperar e colaborar" coa industria da automoción viguesa nos seus proxectos de I+D+i, mediante a mediación co Ministerio de Industria.
Así o asegurou ante os medios no transcurso dunha visita á factoría MGI Coutier España, que emprega a máis de 350 persoas e fabrica pezas metálicas e plásticas para compañías de "primeiro nivel mundial" como PSA, Renault, General Motors ou Toyota, entre outras.
Esta reunión forma parte da toma de contacto que o alcalde vén levando a cabo nas últimas semanas co sector da automoción galega, para coñecer de primeira man as súas necesidades ante a crise e ofrecerse a mediar ante o Ministerio de Industria nos proxectos de I+D+i que leven adiante.
Astaleiro Barreras
Relacionado coa labor de mediación co Ministerio, o alcalde adiantou hoxe que Industria "está moi preto de conseguir un barco novo para o astaleiro Barreras". Xunto co de Ciencia, o Goberno de España sería así "clave" nesta posibilidade de contratación, coas axudas para o naval habituais e ademais "unha porcentaxe moi importante de axudas de I+D".
Descargar todas as imaxes