xoves, 7 abr 2011
O alcalde de Vigo recibiu este xoves a unha decena de estudantes de entre 14 e 16 anos de idade procedentes de Birmingham, no Reino Unido, que atópanse en Vigo por un programa de intercambio co Colexio Carmelitas de Vigo. Os alumnos poideron coñecer o Concello de Vigo, a sala de prensa, o Salón de Plenos e a sala de regulación de tráfico, entre outros departamentos.
xoves, 7 abr 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves o Plan Divulgativo da Pinacoteca do Museo da Cidade "Quiñones de León", que comezará a vindeira semana con visitas guiadas específicas para colectivos con necesidades especiais, co obxectivo de que todas e todos "poidan gozar dos grandes tesouros da plástica galega", así como cun programa de visitas para cruceiristas. Estas visitas completaranse coa "Ruta da historia", que se desenvolverán os sábados ás 11 horas dende O Castro. O nacionalista destacou o éxito da Pinacoteca, que dende a súa apertura hai dúas semanas recibiu xa a visita de máis de 2.600 persoas para coñecer a exposición inaugural "O fermoso rostro do país".
xoves, 7 abr 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves un novo convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano, que ten por obxectivo seguir afondando no traballo de integración social de 50 familias das etnias xitana e cigana. No 2010 o convenio permitiu atender a un total de 236 persoas, ás que se lles proporcionou información e orientación en materia laboral, de saúde e educativa a través de visitas domiciliarias, acompañamentos e entrevistas.
xoves, 7 abr 2011
O Auditorio Municipal acollerá mañá, 8 de abril, unha nova proposta do programa "Con T de Teatro", que organiza a Concellería de Cultura. Neste caso trátase da comedia "Frantasmas", que a compañía Producións Acontrabutaca interpretará ás 21 horas. O prezo das entradas para asistir a esta función é de 7 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
xoves, 7 abr 2011
Hoxe xoves comenza o ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 horas Encarna Otero falará sobre "Olimpe de Gouges" (Montauban, Francia, 7 de mayo de 1748 - París, 3 de noviembre de 1793) escritora,dramaturga, e política francesa, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá (1791).