Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá xoves o espectáculo "Aló irmao!", con Fran Pérez Narf e Manecas Costa

A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal continúa mañá, 7 de abril, ás 20.30 horas, co espectáculo "Aló irmao!", interpretado por Fran Pérez Narf, Manecas Costa. O prezo das entradas é de 10 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

mércores, 6 abr 2011
"Aló Irmao!" é o encontro creativo de dous artistas de traxectorias ben distintas que se atoparon nun camarín e sentiron un magnetismo musical inmediato. Daquel primeiro encontro xurdiu un repertorio completo composto a catro mans, a medio camiño entre Compostela e Lisboa. O espectáculo gravouse en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 16 e 17 de xuño de 2009 coa participación do percusionista mozambicano Celso Mahuie.