Tenencia e Benestar destinan 109.000 euros ao Secretariado Xitano para potenciar o traballo de integración de 50 familias
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves un novo convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano, que ten por obxectivo seguir afondando no traballo de integración social de 50 familias das etnias xitana e cigana. No 2010 o convenio permitiu atender a un total de 236 persoas, ás que se lles proporcionou información e orientación en materia laboral, de saúde e educativa a través de visitas domiciliarias, acompañamentos e entrevistas.
"Todos falamos de integración social, pero non todos o facemos da mesma maneira. Hai quen pensa en metelos en apartadiños e darlles de comer ou darlle cartos para que marchen", criticou o tenente de alcalde. Pola contra, asegurou que "para nós é poñer a disposición destas persoas os recursos precisos para que se sintan cidadáns e cidadás desta cidade", respectando a súa propia cultura. O nacionalista defendeu ademais a discriminación positiva de cara ás persoas máis desfavorecidas, ao comentar que o convenio asinado co Secretariado Xitano é o máis alto dos que se asinan coas entidades que traballan no eido do Benestar Social.
Santi Domínguez afirmou que os convenios asinados coa Fundación Secretariado Xitano amosan o compromiso asumido hai catro anos coa mellora da calidade de vida e o traballo a prol da igualdade de oportunidades. Neste sentido destacou o traballo levado a cabo por María Méndez ao fronte da Concellería de Benestar Social "para dar resposta ás necesidades das persoas que máis o precisan". Para acadar este obxectivo duplicouse o orzamento da concellería, ata chegar aos 10 millóns de euros, de xeito que se incrementaron as axudas, aumentou o persoal de atención e se puxeron en marcha novos programas, entre outras medidas.
"Se dalgún traballo estou tremendamente satisfeito é o da Concellería de Benestar Social, porque non é para a galería nin para grandes titulares, senón que é para as persoas", dixo o nacionalista, felicitando a María Méndez. Ademais, expresou os seus parabéns a Santiago González Avión "polo seu impagable labor no Secretariado Xitano". María Méndez, pola súa banda, asegurou que tanto dende a Tenencia de Alcaldía como a Concellería de Benestar Social e o resto das áreas do BNG "estamos empeñados en facer políticas transformadoras e pensadas para a xente".
A modo de balance, a concelleira nacionalista destacou que mediante este convenio, no 2010 atendéronse 236 persoas, das que 178 eran da etnia xitana e 58 da etnia cigana, con maior presencia en Lavadores e Teis. María Méndez puxo en valor a ausencia de conflitos en Vigo en contraposición con outras cidades galegas. "Se hoxe as cousas van ben na integración das minorías cigana e xitana é precisamente polo traballo do Secretariado Xitano", afirmou. Salientou que para favorecer este traballo mellorouse "significativamente" os convenios con esta entidade ao longo dos catro anos de lexislatura, conseguindo "a colaboración necesaria e estreita" entre o Secretariado e as unidades de traballo social.
O responsable do Secretariado Xitano, na véspera da conmemoración dos 40 anos do primeiro encontro internacional do pobo xitano, destacou que o máis importante na igualdade de oportunidades é "o traballo que se fai día a día impulsado mediante a sinatura deste convenio". Santi Avión sinalou que a nivel europeo e mundial estase incidindo en que este é o modelo a desenvolver.
Descargar todas as imaxes