Iolanda Veloso anuncia que a primeira Escola Feminista celebrarase do 11 ao 14 de abril na Casa das Mulleres
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este venres a primeira edición da Escola Feminista "Centros e periferias", que terá lugar na Casa das Mulleres do 11 ao 14 de abril, de 19 a 21 horas, organizada pola ONG Implicadas no Desenvolvemento. A concelleira nacionalista destacou que o obxectivo desta iniciativa é proporcionar un espazo de coñecemento e debate no que as persoas que se moven no mundo da cooperación poidan ampliar as bases do seu traballo dende unha óptica feminista plural.
Iolanda Veloso explicou que estas xornadas enmárcanse na ampla programación que nos vindeiros dous meses terán lugar na Casa das Mulleres e no Centro de Recursos Feministas, que inclúen xornadas, ciclos sobre saúde, cine, presentación de libros, exposicións e un obradoiro literario, entre outras propostas. Sinalou que nesta primeira edición, as xornadas tratarán o tema dos "Centros e Periferias", na teoría e no activismo, para poñer de manifesto a importancia de que os feminismos se desenvolvan con atención ás diferenzas de poder entre o Norte e o Sur.
A presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, María Reimóndez, agradeceu á concelleira de Igualdade o seu apoio para desenvolver esta e outras iniciativas. Salientou que fundamentalmente son dúas as motivacións para poñer en marcha esta iniciativa. Por unha mencionou a dificultade para acceder aos temas relacionados co feminismo "fóra da Universidade", e por outro destacou a necesidade de "facer visible e dar voz as mulleres de distintas situacións xeográficas", posto que participarán teóricas do feminismo de India e Etiopía.
A responsable do programa das xornadas, Lorena Arévalo sinalou que as sesións constarán dunha hora teórica e posteriormente dun espazo para o debate sobre os temas presentados na conferencia. Segundo asegurou, a Escola terá unha "base de aplicación exterior no eido da cooperación ao desenvolvemento. Deu conta do programa e sinalou que o luns, 11 de abril, o relatorio estará a cargo de Belén Martín Lucas, do Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias da Universidade de Vigo, que falará de "Centros e periferias nos feminismos". A súa liña de investigación recolle as políticas de resistencia na narrativa feminista postcolonial, con publicacións sobre a sobre-explotación simbólica do corpo feminino nos discursos formados sobre valores patriarcais e na actual industria cultural da globalización no seu haber.
O martes, día 12, a presidenta da Asociación de Mulleres E'Waiso Ipola, Remei Sipi, disertará sobre " Os feminismos na África subsahariana". O mércores, 13 de abril, a directora do Centro de Estudos das Mulleres da Universidade de Bharathidasan de Tiruchy, Manimekalai da Bharatidasan, impartirá a conferencia "Os feminismos na India, pluralidades e periferias". Finalmente, o día 14, a modo de clausura, terá lugar un obradoiro a cargo de Implicadas no Desenvolvemento sobre a aplicación da parte teórica á cooperación ao desenvolvemento e ao activismo en xeral. Esta proposta estará coordinada por María Reimóndez, escritora, tradutora e intérprete, forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias da Universidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes