Escoitar

A segunda edición do percorrido "Vigo: a ruta da historia" celebrarase mañá sábado dende o poboado castrexo do Castro

O éxito acadado pola proposta "Vigo: a ruta da historia", que congregou a máis de 200 persoas o pasado domingo para coñecer lugares emblemáticos da cidade, propiciou a convocatoria de novos percorridos para os vindeiros meses. Segundo anunciou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, a primeira destas visitas guiadas terá lugar mañá, 9 de abril, e sairá dende o poboado do Castro ás 11 horas.

venres, 8 abr 2011
"Vigo: a ruta da historia" permite visitar elementos sobranceiros do patrimonio vigués, como o poboado castrexo de O Castro, no que se pode comprobar os traballos recuperación levados a cabo, así como o pazo de Arias Taboada, no que está se atopa a Pinacoteca da cidade. O percorrido tamén inclúe o Banco dos Contos, no que a actuación realizada permitiu deixar ao descuberto o lugar no os comerciantes facían as contas das vendas no mercado do Paseo Granada.

Os pazos nos que grandes familias da cidade, como a de López Araúxo ou Bárcena, tiñan as súas vivendas, son outras das paradas da visita, así como o edificio Montenegro, no que estaba ubicada a imprenta Compañel, na que o 17 de maio de 1963 publicouse "Cantares gallegos", de Rosalía de Castro. A praza de Almeida, con dúas construcións significativas dos séculos XV e XVI, o edificio do antigo Concello, hoxe Casa Galega da Cultura, son outros dos elementos históricos que configuran o percorrido.