O alcalde presenta o primeiro aeroxerador eólico urbano, que abastecerá de enerxías renovables ao alumeado público de Manuel Cominges

martes, 15 mar 2011

Abel Caballero presentou este martes o primeiro aeroxerador eólico urbano que se instala en Vigo, e que dará servizo ao alumeado público da rúa Manuel Cominges, en Matamá. O muíño ten 12 metros de altura e ofrece unha enerxía limpa anual de 5.554 kw/hora, a cuarta parte das necesidades eléctricas desta rúa e unha reducción de 3.600 quilogramos de CO2 anuais. O Concello planea ampliar estas instalacións a Samil, a ETEA e VigoZoo.

Unhas 300 persoas seguiron a segunda xornada do Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo

luns, 14 mar 2011

O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na segunda xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da AACC Agarimo, SCD Nautilius de Comesaña, Perla do Atlántico de Alcabre, Alborada de Cabral e María Auxiliadora. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 20 de marzo.

O alcalde compromete o apoio municipal ao Salón do Automóbil de Vigo para convertir á cidade na "capital española" do sector

luns, 14 mar 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión cos organizadores da vixésima edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará no IFEVI do 30 de abril ao 8 de maio, datas nas que "Vigo se convertirá na capital española do automóbil", e incluso "é posible", avanzou Caballero, que o Salón olívico sexa o único de España das características do vigués.

Caballero anuncia a aprobación dunha regulación municipal para dar "facilidades" á instalación de novas empresas en Vigo

luns, 14 mar 2011

Segundo informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras dos Proxectos Empresariais de Interese Municipal (PEIM), cos que o goberno local pretende "favorecer á actividade económica" mediante exencións fiscais e abaratamento na concesión de licenzas. O obxectivo é dar "facilidades" para o mantemento en Vigo das compañías e para a instalación de novas empresas na cidade.

O Festival de Habaneras celebra a súa segunda xornada coa actuación de cinco corais polifónicas da cidade

venres, 11 mar 2011

Tras a boa acollida de público na primeira xornada, o Instituto Feiral de Vigo volve acoller este domingo a actuación de cinco corais polifónicas dentro do Festival de Habaneras Cidade de Vigo, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) e a Alcaldía de Vigo. O domingo 13 marzo está programada a presenza das corais da AACC Agarimo, SCD Nautilius de Comesaña, Perla do Atlántico de Alcabre, Alborada de Cabral e María Auxiliadora.

O alcalde ofrece o apoio municipal e estatal aos procesos de I+D+i nas empresas de automoción de Vigo

venres, 11 mar 2011

Abel Caballero visitou este venres a factoría viguesa de Aludec Ibérica, que fabrica os emblemas de marcas como Rolls Royce ou Porsche, entre outras, e emprega a 250 persoas, o 60% mulleres. O alcalde ofreceu o respaldo institucional do Concello e do Goberno de España para os procesos de I+D+i que implemente a industria da automoción e subliñou que, en liñas xerais, este ámbito económico na cidade "está a aguantar a crise francamente ben".

Caballero di que a licitación por 11 millóns do acondicionamento da pista abunda na "cascada de inversións continuas no aeroporto de Vigo"

venres, 11 mar 2011

O alcalde saudou hoxe venres a publicación no Boletín Oficial do Estado da licitación por parte do Ministerio de Fomento para a contratación do acondicionamento da pista de aterrizaxe de Peinador -que será adaptada á normativa de máxima calidade- por valor de 11 millóns de euros, un "aluvión de inversións" no aeroporto ao que "xa lle perdimos a conta". Caballero ensalzou o orzamento, equiparable á construción de 15 quilómetros de autovías.

Abel Caballero agradece a "enorme cooperación dos veciños" na humanización de Cesáreo Vázquez, cun investimento de 900.000 euros

xoves, 10 mar 2011

O alcalde de Vigo acudíu hoxe xoves á inauguración da rúa Cesáreo Vázquez, con "máis de quilómetro e medio" de lonxitude e case 900.000 euros de investimento municipal. Caballero agradeceu aos veciños a súa "enorme cooperación" ao ceder terreo para ampliar o vial e construir beirarrúas, e subliñou a mellora que supuxo esta reforma na seguridade para peóns e vehículos.

O alcalde participa na celebración do Día Mundial do Ril na carpa informativa instalada en Príncipe

xoves, 10 mar 2011

Abel Caballero visitou este xoves a carpa informativa instalada na rúa do Príncipe pola Fundación Renal "Íñigo Álvarez de Toledo" con motivo do Día Mundial do Ril, onde persoal especializado mide a presión arterial e os niveis de azucre en sangue a todos aqueles que se acheguen. A carpa está habilitada durante a xornada de hoxe, en horario de mañá e de tarde. O alcalde sumouse á concienciación cidadá sobre as patoloxías e a súa prevención.

O Concello cooperará coa organización da VII Semana Matemática de Vigo

mércores, 9 mar 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse este mércores dos organizadores do evento, a quenes ofreceu "cobertura" para a celebración desta sétima edición, xa que este ano teñen "maiores dificultades do habitual para o orzamento" porque Novacaixagalicia da unha achega "menor" que a ofrecida por Caixanova. "Ofrecimos dar cobertura porque parécenos interesante que a cidade siga tendo esta Semana Matemática", asegurou.