mércores, 17 xuñ 2009
Abel Caballero visitou hoxe mércores as obras do Auditorio Pazo de Congresos, que están a "cubrir datas" o que permitirá a inauguración o 1 de xaneiro de 2011, "segundo o previsto". O arquitecto, César Portela, e representantes da constructora e de Caixanova acompañaron ao alcalde, e aseguraron que, unha vez rematada a nova terminal do Prat, o Auditorio de Vigo é a obra máis importante de España.
mércores, 17 xuñ 2009
Abel Caballero recibiu este mércores na Alcaldía a unha quincena de estudantes procedentes de distintos puntos de Estados Unidos, principalmente de Boston. Os devanditos escolares chegaron a Vigo onte martes e permanecerán na mesma durante catro días para aprender español e coñecer a cidade.
luns, 15 xuñ 2009
O alcalde e a dirección da Orquestra Clásica de Vigo reuníronse este luns por mor da celebración dos 25 anos de existencia da formación musical e acordaron coordinar os festexos. Ademais, Abel Caballero indicou que a Orquestra ten previsto interpretar a novena sinfonía de Beethoven dentro dos actos festivos.
luns, 15 xuñ 2009
Abel Caballero reuniuse este luns con colectivos de motoristas e anuncioulles que apoiará a concentración que o colectivo organizará en setembro na cidade para conseguir doazóns de sangue e batir ao tempo o récord galego nun día. Para iso, convocarase aos motoristas de Galicia, España e Portugal para participar no mesmo.
venres, 12 xuñ 2009
O alcalde mantivo este venres unha reunión de traballo coa presidenta da entidade, María Luisa Graña, quenes estudaron fórmulas para establecer un convenio que permita á empresa pública realizar obras municipais en Vigo, principalmente no rural, o que aforraría meses de tramitación, segundo indicou Abel Caballero.
venres, 12 xuñ 2009
Abel Caballero reuníuse este venres co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, con quen iniciou formalmente a tramitación da cesión da titularidade deste tramo de autovía, que pasaría a ser vial urbano. O alcalde, quen indicou que o Ministerio ten "vontade de cesión", asegurou que "nuns meses" será municipal e poderá entón iniciarse a humanización da Avenida de Madrid.<br />
xoves, 11 xuñ 2009
Abel Caballero recibiu hoxe xoves aos deputados do grupo socialista no Parlamento de Galicia radicados en Vigo e o seu entorno, unha "reunión de traballo" para trasladar á cámara autonómica os temas relativos á "primeira cidade de Galicia", como a relación administrativa coa Xunta de Galicia.
xoves, 11 xuñ 2009
Luis Espada e Abel Caballero presentaron este xoves o libro "Niveis de satisfacción da cidadanía coa súa comunidade local. Aplicación ao municipio de Vigo e comparación con outras cidades europeas". O estudo revela que, en comparación co 2007, os vigueses valoran mellor o entorno, os servizos sociais, as zonas verdes e a limpeza da urbe.
xoves, 11 xuñ 2009
Abel Caballero reuniuse onte mércores en Madrid co Presidente de AENA, Juan Ignacio Lema, encontro de "gran importancia" no que revisaron o estado das obras de Peinador, o seu Plan Director e acordaron crear un Comité de Rutas para potenciar o aeroporto vigués, o segundo en España despois do de Barcelona. <br />
mércores, 10 xuñ 2009
Abel Caballero e a Confraría do Cristo da Victoria acordaron este mércores que o percorrido habitual da procesión do Cristo deste ano remate na esquina de Príncipe coa rúa Colón, debido ás melloras na Porta do Sol. Ademais, instalarase no exterior da Colexiata unha gran pantalla para que os fieis que non poidan acceder ao recinto sigan desde fóra a celebración relixiosa.