Escoitar

Vigo será a primeira cidade de España en implantar a licitación electrónica desde a "nube"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres a decisión tomada pola Xunta de Goberno Local, celebrada na mañá de venres, que deu o visto e prace ao contrato asinado entre o Concello e a empresa Vortal S.L para a implantación da contratación electrónica. O alcalde destacou que a iniciativa é unha mostra máis da transparencia nas transaccións que, a partires de agora, serán máis seguras, máis simples e máis rápidas. O aforro estimado é dun millón de euros.

venres, 18 mar 2011
1300456411Imagen003.jpg
O alcalde de Vigo incidiu en que, con esta medida, o Concello aforrará máis de 1 millón de euros, mentres o seu custo é de 18.000 euros.

Vigo converterase deste xeito na primeira cidade de España en implantar a licitación de maneira electrónica desde a "nube", coa finalidade de obter resultados de aforro, eficiencia e transparencia. Esta non suporá ningún custo para as empresas, que poderán aforrar custos e disporán, ademais, dun aceso fácil aos procesos.
Descargar todas as imaxes