venres, 18 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres a decisión tomada pola Xunta de Goberno Local, celebrada na mañá de venres, que deu o visto e prace ao contrato asinado entre o Concello e a empresa Vortal S.L para a implantación da contratación electrónica. O alcalde destacou que a iniciativa é unha mostra máis da transparencia nas transaccións que, a partires de agora, serán máis seguras, máis simples e máis rápidas. O aforro estimado é dun millón de euros.
venres, 18 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres o primeiro xardín sensorial para persoas con discapacidade visual nos xardíns históricos de Castrelos "un dos espazos máis senlleiros da cidade". Segundo destacou o nacionalista, esta iniciativa é unha mostra do compromiso de facer de Vigo "unha cidade máis igualitaria" e asegurou que este obxectivo non quedou en meras palabras, senón que se pode "comprobar en iniciativas como esta".
venres, 18 mar 2011
Abel Caballero avanzou neste venres que as exencións do pago do imposto de vehículos por discapacidade supuxeron un aforro de 560.460 euros, ás que engadiu as máis de 823 exencións do 75% desta taxa para os vehículos ecolóxicos e outros 19 para os híbridos, cun aforro de 50.000 euros. O rexedor reiterou de novo o apoio municipal ao coche eléctrico e afirmou que estes non pagarán este imposto.
venres, 18 mar 2011
Abel Caballero explicou que a rebaixa do 70% terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro e anunciou que non descarta reducir esta porcentaxe de rebaixa ao 90%. O obxectivo da medida, segundo indicou o alcalde, é dar apoio ao sector hostaleiro e ao emprego que xera na cidade polo momento económico que está a vivir.
venres, 18 mar 2011
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este venres a continuación do programa estable de artes escénicas do Auditorio Municipal para os meses de abril, maio e xuño. O nacionalista destacou que o cine súmase ao teatro, á música e á danza, dan man do Cine Club Lumière, ofrecendo unha programación "amplísima e variadísima para todos os públicos como nunca tivo esta cidade".
venres, 18 mar 2011
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe a terceira edición do Circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares, que comezará coa proba da Universidade o vindeiro día 27 (10 km Cidade Universitaria) e rematará coa edición número de 50 da Carreira do Pavo, o 18 de decembro.
Concellería de Igualdade
venres, 18 mar 2011
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro literario gratuito: "Nós tamén escritoras", destinado a mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.
Mobilidade, Transportes e Seguridade
venres, 18 mar 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de derruba de edificio, a realizar pola empresa COVSA, estará pechada ao tráfico a rúa MANUEL COMINGES, á altura das Carneiras(Castrelos), con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 23 de marzo de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.<br />
venres, 18 mar 2011
O vindeiro luns 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Para celebrar dito acontecemento, o museo Verbum – Casa das Palabras únese ás distintas celebracións con varias propostas para o día 18 e o día 20.
venres, 18 mar 2011
O Verbum-Casa das palabras acollerá os sábados 19 e 26 de marzo o ciclo de cine infantil promovido polo Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade dentro das diversas actividades que se promoven no mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller.Así, o sábado 19 de marzo proxectarase a película "A estrela de Laura" e o sábado 26 de marzo "Mulan".
venres, 18 mar 2011
ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 21 de MARZO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello