Escoitar
Concellería de Igualdade

Obradoiro literario "Nós tamén escritoras"

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro literario gratuito: "Nós tamén escritoras", destinado a mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.

venres, 18 mar 2011
Obxectivos:
Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia.

Contidos:
Obradoiro de escrita creativa
A práctica do relato breve
Crear personaxes
Obradoiro de poesía

Período e horarios:
Mércores 6 e 13 de abril de 18:00 a 20:00 h

Inscricións: na concellería de Igualdade a través do Tlf. 986 810 284 ou persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, por orde de inscrición e ata cubrir as prazas

Prazas límitadas