Escoitar

Pleno do Concello de Vigo

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 21 de MARZO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello

venres, 18 mar 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 5


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 21 de MARZO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores .(Sesións ext. 17.01.11 e ord. 31.01/07.02.11)

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL
3.1.- Dar conta do informe trimestral de Tesourería sobre o cumprimento dos prazos para o pagamento das obrigas do Concello previstos na Lei 15/2010 do 5 de xullo. Expte. 7154/540 (144/1101).

3.2.- Memoria do Tribunal Económico Administrativo correspondente ó exercicio 2010. Expte. 152/1101.

3.3.- Resolución de solicitude formulada por D. Carlos Barros Correa de corrección de erro gráfico no Inventario do ramal do camiño do Pombal-Beade. Expte. 18729/240 (137/1101).

3.4.- Resolución de recurso de reposición formulado por Dª Áurea Soto Lago contra acordo plenario do 29.11.10 de rectificación do Inventario no ramal do camiño Ingresa, á altura núm. 31 en Valladares. Expte. 17494/240 (72/1101)

3.5.- Execución de sentenza RCA 4065/2002 que anulou novación do contrato con "Funeraria Viguesa, S.A." para a xestión dos servizos mortuorios municipais en réxime de empresa mixta. Expte. 783/440 (125/1101).

3.6.- Modificación orzamentaria núm. 13/11, crédito extraordinario para compra de local para Servizos Sociais. Expte. 60113/301 (138/1101)

3.7.- Modificación orzamentaria núm. 16/11, crédito extraordinario para aluguer inmobles para entidades socio culturais. Expte. 5125/320 (156/1101).

MOBILIDADE
3.8.- Aprobación da forma de xestión do servizo público do aparcadoiro soterrado da Praza de Portugal e aprobación do regulamento xeral de réxime interior regulador do servizo do dito aparcadoiro. Expte. 79773/210.

CULTURA, INDUSTRIA, TURISMO E PATRIMONIO HISTÓRICO
3.9.- Cambio de denominación da 1ª Travesía Provincial por "Jesusa Alfau Galván". Expte. 12986/331 (162/1101).

3.10. Cambio de denominación da 2ª Travesía Provincial por "Mª Victoria de la Fuente Alonso". Expte. 12985 (161/1101).

3.11. Cambio de denominación da 3ª Travesía. Provincial por "Josefa Estarque Vila". Expte. 12984 (160/1101).

3.12. Aceptación do legado de D. Francisco Fernández del Riego ao Concello de Vigo. Expte. 12956 (163/1101)

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG de apoio á frota pesqueira galega diante da redución das cotas de captura. Expte. 153/1101.

5.2.- Moción do Grupo Socialista instando á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial que atendan as peticións do Concello de investimentos na cidade. Expte. 154/1101.

5.3.- Moción do Grupo Socialista instando ó presidente da Xunta que ratifique ou desminta declaracións do remate do paro. Expte. 155/1101.

5.4.- Moción do Grupo Popular instando á Xunta de Galicia e ao Goberno Municipal a tomar diversas medidas con motivo do Día Internacional da Muller. Expte. 145/1101.

6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo Popular instando determinar a localización da Biblioteca do Estado. Expte. 146/1101.

4.2.- Moción do Grupo Popular instando á Alcaldía a manifestar onde está o solo industrial prometido. Expte. 147/1101.

4.3.- Moción do Grupo Popular instando ao goberno municipal a posta en marcha dos puntos limpos establecidos no Plan Xeral. Expte. 150/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día .VINTE E UN DE MARZO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 17 de marzo de 2010
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL ACCTAL. DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Manuel Xosé Lorenzo Penela