luns, 12 xul 2010
Segundo explicou o rexedor no resto dos concellos de España a presión fiscal creceu entre un 0,6 y un 0,8%, un feito que o alcalde vencellou co endebedamento público da cidade e que deixa coma resultado que Vigo é neste momento a cidade de réxime común menos endebedada de España e a única que baixa os impostos.
luns, 12 xul 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu hoxe conta das decisións adoptadas na Xunta de Goberno Local polas que dous proxectos empresariais contemplados como Proxectos de Interese Municipal (PEIM) serán obxecto de bonificacións fiscais en impostos municipais. Caballero insistiu en que a xeración de emprego segue a ser o eixo central das actuacións deste goberno municipal e explicou que os proxectos son AULATEL, Formación e Consltoría S.L. E Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria.
luns, 12 xul 2010
O curso celébrase en Vigo dende este luns e ata o venres coa colaboración da Universidade de Vigo e Caixanova. O alcalde de Vigo salientou que nesta cidade se aprecia as empresas que queiran facer mecenazgo e cultura e que conleven unha cidade máis habitable. Preto duns 40 especialistas farán unha revisión estratéxica das liñas futuras de desenvolvemento dunha nova forma de xestión.
luns, 12 xul 2010
O alcalde recibiu de mans do Ministro de Educación, Angel Gabilondo, o premio polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación. O programa da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio becou a 250 alunos vigueses para estudiar inglés en Irlanda e Reino Unido. O Concello iniciou o programa no 2008 con 100 becas ata chegar ás 250 actuais coa intención de mellorar o inglés dos estudantes de Vigo.<br />
venres, 9 xul 2010
O rexedor recibirá de mans do Ministro de Educación, Angel Gabilondo, o premio polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación. O programa da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio becou a 250 alunos vigueses para estudiar inglés en Irlanda e Reino Unido. O Concello iniciou o programa no 2008 con 100 becas ata chegar ás 250 actuais coa intención de mellorar o inglés dos estudantes de Vigo
ESPAÑA NA FINAL
xoves, 8 xul 2010
O parque de Castrelos quedou onte pequeno para os case que 4.000 siareiros da selección española que decidiron seguir o partido contra Alemaña desde a pantalla xigante instalada polo Concello. A vindeira cita será o domingo, 11 de xullo, para ver o choque entre España e Holanda. Na imaxe miles de seguidores pendentes da selección española.
xoves, 8 xul 2010
O concelleiro socialista saudou o a baixada das cifras na nosa cidade e explicou que os datos reflicten que de maio a xuño o descenso foi de 849 desempregados, cunha baixada en todos os sectores excepto en agricultura e gandería. Héctor lembrou as inversións do goberno central e do propio Concello fronte a falla de criterios de reparto de fondos que leva a cabo a Xunta de Galicia.
xoves, 8 xul 2010
Abel Caballero recibirá mañán venres, 9 de xullo, no Ateneo de Madrid o premio Ciudadanos 2010 polo proxecto Aulas Internacionais levado a cabo pola concellería de Educación. O programa da concellería que dirixe a socialista Laura López Atrio becou a 250 alunos e alunas viguesas para estudiar inglés durante tres semanas no Reino Unido e en Irlanda.
mércores, 7 xul 2010
O parque de Castrelos será hoxe escenario do choque que disputarán as seleccións española e alemana da semifinal do Mundial. Perante o rotundo éxito da pantalla xigante instalada polo Concello na Praza da Constitución e ante a previsión dunha afluencia masiva de persoas desta volta os siareiros disfrutarán do encontro en Castrelos. Na imaxe un momento da instalación da pantalla en Castrelos.
mércores, 7 xul 2010
O alcalde informou hoxe que se están estudiando todas as posibilidades de frecuencias, prezos, etc, e que a súa implantación será provisonal en espera da acollida que teña entre a cidadanía. As lanzadeiras de Vitrasa sairán da Praza das Travesas ata Samil e o seu obxectivo será descargar o volume de tráfico da zona de praias