O alcalde compromete o apoio municipal ao Salón do Automóbil de Vigo para convertir á cidade na "capital española" do sector
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión cos organizadores da vixésima edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará no IFEVI do 30 de abril ao 8 de maio, datas nas que "Vigo se convertirá na capital española do automóbil", e incluso "é posible", avanzou Caballero, que o Salón olívico sexa o único de España das características do vigués.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprometeu este luns o apoio do Concello para a celebración do XX Salón do Automóbil de Vigo, co que pretende convertir á urbe na "capital española" da automoción.
O evento ten asegurada a súa celebración pese á crise económica actual, motivo polo que outros festivais similares en España non se levarán adiante este ano ou aínda están por definir. Deste xeito, apuntou Caballero que "é posible" que o de Vigo sexa o único de España a este nivel.
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá a vixésima edición desta feira do automóbil do 30 ao 8 de maio, e contará co apoio e a participación do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes