O alcalde participa na apertura do VI Encontro Sindical de xóvenes MCA-UGT
Abel Caballero animou onte aos mozos a debater e "deixarse escoitar" ao entender que son "os ollos e os oídos do presente". Abel Caballero realizou estas declaracións no encontro nomeado "Es por tí" que se celebra no Auditorio "Mar de Vigo" e que remata hoxe. Na apertura interviñeron tamén o secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, ou o Secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez Gómez, entre outros.
Baixo o lema "Es por tí" MCA-UGT esta a organizar este encontro sindical de xóvenes no que a premisa máis destacada foi a importancia do papel que deben xogar os mozos de cara o futuro. De feito, segundo os datos ofrecidos polo secretario xeral de MCA-UGT, Manuel Fernández López, un terzo dos 200.000 afiliados a MCA-UGT son menores de 35 anos e máis de 100 xovenes que participaron neste encontro ocupan na actualidade cargos de responsabilidade na organización.
O alcalde insistiu en que hai que prestar atención aos sindicatos "porque sodes vos os que vivides os problemas e sabedes ben como solucionalos. O novo formato de encontro, tal e como sinalou a secretaria de Política de Formación, Emprego e Xuventude de MCA-UGT, Silvia Ramos, xurdiu do traballo previo dos xóvenes na páxina web creada pola Federación, envorcando ideas e iniciativas para ser debatidas con posterioridade. Así, estruturouse un encontro en dúas partes, unha adicada ao debate do Acordo Social e Económico, e outro á Comunicación Web 2.0.
Descargar todas as imaxes