venres, 13 mai 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurpou este venres a mostra "O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca", instalada en sete salas do segundo andar do Museo Quiñones de León, onde permanecerá aberta durante un ano. O nacionalista destacou que hoxe dase un paso máis no obxectivo de que o Museo de Castrelos "fora realmente o Museo da Cidade" e no coñecemento da nosa cidade.
venres, 13 mai 2011
Na aposta por ofrecer oportunidades de promoción aos novos talentos, os gañadores e as gañadoras do XIII Concurso de piano "Ría de Vigo" ofrecerán mañá ás 20 horas un concerto no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música, de entrada libre. Ademais dos premios económicos, a gravación deste concerto nun CD é un dos atractivos deste concurso, que organizan a Concellería de Cultura e o Real Club Náutico.
venres, 13 mai 2011
Dentro do programa "Con t minúsculo" que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal, o domingo, 15 de maio ás 18 horas, terá lugar o espectáculo do Mago Marttyn "Ilusionarte". Recomendado para todos os públicos, as entradas teñen un prezo de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores. Pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla dende unha hora antes do comezo da actuación.
venres, 13 mai 2011
A Concellería de Cultura informa de que a Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas únese ás celebracións do Día das Letras Galegas, cun acto que terá lugar o vindeiro luns, 16 de maio ás 19 horas, arredor da figura do escritos homenaxeado este ano, Lois Pereiro. A asistencia a este acto é libre ata completar o aforamento.
venres, 13 mai 2011
Vigosónico é un gran espazo adicado á música: locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos...e está destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando...
venres, 13 mai 2011
A partir desta semana, o MARCO retoma a programación para escolares e público familiar. O programa xira ao redor da exposición do artista británico MARTIN CREED.‘A METADE DO AIRE’ é o nome xenérico deste conxunto de actividades, visitas e talleres, con propostas específicas e diferenciadas para alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria. A exposición de Martin Creed e o traballo deste artista ofrecen múltiples posibilidades didácticas, de aprendizaxe e de desfrute para todas as idades.