Abel Caballero iniciará "nun tempo razoable" os primeiros contactos para a negociación dos orzamentos de 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe luns que o sábado pasado deu instrucións ao seu Goberno de iniciar os traballos de elaboración dos orzamentos de 2012. Prantexou como referente os prazos razoables nos que se aprobaron as contas púlicas durante o pasado mandato e avanzou a súa intención de establecer "nun tempo razoable" os primeiros contactos co BNG, aos efectos de instrumentalizar un acordo que permita sacar adiante os orzamentos.
Nunha reunión de traballo de todo o Goberno celebrada no Pazo de San Roque, o rexedor reiterou a súa intención de manter a man tendida aos nacionalistas porque, tal e como avanzou no discurso de investidura, será "o grupo referente para o Goberno de Vigo". Nesta liña, engadiu a súa confianza en que a cooperación co BNG permita a esta cidade "crecer aínda a máis ritmo do que o fixo nos últimos catro anos".
Outro dos temas que o alcalde subliñou neste encontro cos concelleiros foi a "vontade absoluta de cooperación total co Porto de Vigo". Tal e como explicou ante os medios de comunicación, Caballero indicou que se trata dunha época nova cun presidente novo e enfatizou que esta cooperación é aínda máis importante dada a situación que atravesa o Porto de Vigo.
Neste sentido, o alcalde ofreceu persoalmente ao novo presidente da Autoridade Portuaria "toda a colaboración e cooperación precisa, coa única limitación da legalidade", puntualizou.