Escoitar

Abel Caballero avanza que a reforma do Mercado do Progreso comezará a vindeira semana

Segundo explicou o primeiro edil, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde das obras de reforma deste centro, e adiantou que os traballos darán comezo a vindeira semana. Esta iniciativa municipal proporcionará "melloras certamente excepcionais" ao Mercado e aos seus usuarios, apuntou Caballero.

venres, 1 xul 2011
1309524421Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, datou para a próxima semana o inicio dos traballos de reforma do Mercado do Progreso, mellora na que o Concello investirá case 3,5 millóns de euros.

Segundo explicou Abel Caballero ante os medios de comunicación, a Xunta de Goberno Local deu este venres o seu visto bo ao Plan de Seguridade e Saúde destas obras, o último trámite administrativo previo ao comezo das mismas. A decisión da reforma conlevará "melloras certamente excepcionais" para o Mercado, afirmou.

O alcalde detallou que esta obra presentaba algúns "problemas administrativos" que retrasaron o nomeamento dun director de obra. "Subsanamos estas deficiencias", abundou, coa designación dun arquitecto municipal para o posto.

Outros acordos
Caballero tamén informou da aprobación por parte do goberno local de subvecións por valor de 90.000 euros ás asociacións con actividades e programación pola igualdade de xénero, en favor da muller. Estas achegas están programadas dentro da acción da Concellería de Igualdade.

Por outra banda, o alcalde deu conta da renovación do convenio da Policía Local coa Academia Galega de formación sita en A Estrada para que os axentes continúen a recibir cursos de actualización, reciclaxe e especialización.
Descargar todas as imaxes