Caballero animou ás seleccións de Vigo que competirán nos IX Xogos do Eixo Atlántico
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ofreceron hoxe xoves unha recepción ás seleccións da cidade olívica que participarán nos IX Xogos do Eixo Atlántico, que terán lugar na localidade portuguesa de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. Os Xogos acollerán a cerca de 1500 participantes de 25 municipios galegos e portugueses que competirán en modalidades como o balonman, baloncesto, atletismo, fútbol sete, voleibol, voleiplaia e natación.