O alcalde clausura a Escola Obradoiro "Mar de Vigo", que formou e contratou durante un ano a 31 alumnos
O alcalde, Abel Caballero, clausurou este martes unha nova edición da Escola Obradoiro "Mar de Vigo", que formou a 31 alumnos ao tempo que percibiron unha retribución económica durante un ano. Segundo indicou, o Concello contactou con máis de cen empresas para conseguir a inserción laboral dos participantes. Caballero defendeu a creación de emprego como "a nosa vocación" de goberno e adiantou que o programa continuará en próximos anos.