Escoitar

Caballero salienta que o Concello concede este ano 510 bolsas para estudantes de inglés no estranxeiro

A Xunta de Goberno Local do pasado venres aprobou a modificación do contrato para ampliar o número de prazas dos estudantes de 3º da ESO, chegando ás 290 bolsas, máis as 150 destinadas aos centros concertados. O alcalde recordou que a Escola Oficial de Idiomas recibe outras 70 axudas para estudar idiomas no estranxeiro, totalizando en 2011 510 bolsas de inglés, cun investimento superior a 1,1 millóns de euros.

luns, 27 xuñ 2011
1309179370Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe da ampliación das bolsas de inglés para estudantes de secundaria que en 2011, e xuntando as que percibe a Escola Oficial de Idiomas, ascenden a 510.

A Xunta de Goberno Local do pasado venres deu o visto bo á modificación do contrato para acadar as 290 prazas para Secundaria, todas cubertas por centros públicos, e engadiu as 150 dun segundo contrato que irán destinadas aos centros concertados. As 70 bolsas para os estudantes da EOI dan un total de 510 axudas do Concello, cun investimento de 1.170.000 euros.

Caballero subliñou a "distribución razonablemente equilibrada" das achegas concedidas polo goberno municipal entre os centros de ensinanza da cidade, e recordou que a "vontade" do Concello que preside era incrementar as prazas dispoñibles. "Hai catro anos había cero", recalcou.

Os beneficiarios das achegas do Concello -que pasarán tres semanas estudando en inglés en institutos de Inglaterra- partirán cara aos seus destinos o 13 de setembro, finalizando a estadía o 4 de outubro, sen ningún custe para os alumnos. Os destinos son York, Lancaster, Scarborough, Richmond, Ramsgate, Sawtry, Wymondhan, Norwich, Sheefield, Chelmsford, St. Neots e Kingston.
Descargar todas as imaxes