O obradoiro Summus Lac clausúrase este sábado cun ensaio aberto na rúa do Príncipe
Promovido pola concellería de Educación pretende formar un grupo de persoas que representen composicións de diversos estilos. Summus Lac busca romper coa perspectiva de coro tradicional creando dinamismo na escena de forma sonora e visual.
O obradoiro Summus Lac, actividade complementaria á oferta de ensinanzas musicais da Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), clausurarase mañá sábado cun ensaio aberto na rúa Príncipe.
Promovido pola concellería de Educación, que dirixe a socialista Raquel Díaz, Summus Lac desenvolveuse todos os sábados dende o pasado 25 de marzo e ata o 25 de xuño na propia Escola Municipal de Música. A actividade busca a preparación dun grupo de persoas para representar composicións de diversos estilos -gospel, pop, rock, soul, rhythm & blues, etc-, pero cun estilo propio e onde a diversión, a arte, a música e a danza camiñen xuntas.
Pretende romper coa perspectiva habitual do coro convencional indo máis aló e creando un dinamismo na escena que acapare a atención do espectador, non só sonoramente, senón tamén visualmente.
Como peche desta experiencia educativa mañá celebrarase un ensaio aberto na rúa para poder mostrar en vivo e en directo o bo facer do obradoiro. Nesta actividade os alumnos e alumnas participantes realizarán un ensaio, do estilo dos que realizan na escola calquera sábado, pero aberto ao público, e no que se tentará que aquelas persoas que teñan curiosidade, interese ou simplemente gañas de diversión, poidan participar da actividade.
Con este "ensaio aberto", dende a EMMV achéganse, dun xeito orixinal e creativo, as súas actividades á cidadanía e móstrase, dun xeito diferente e participativo, o que se fai na Escola municipal de música de Vigo.
Data da actividade: sábado 25 de xuño
Hora: de 10:30 a 14:30 horas
Lugar: Rúa do Príncipe (diante do MARCO)