O alcalde rubrica co Pilotes Posada o acordo económico que lles permitirá competir na Asobal
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do Academia Octavio Pilotes Posada, Javier Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asinaron hoxe xoves o acordo económico que fai posible que o equipo vigués compita na máxima categoría do balonmán español. Segundo explicaron, a Fundación VIDE achegará ao club os 170.000 euros necesarios procedentes de achegas de empresas privadas. Javier Rodríguez salientou que "é a primeira vez que un alcalde de Vigo ponse ao fronte do deporte vigués".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou hoxe xoves co Presidente do Academia Octavio Pilotes Posada, Javier Rodríguez, o acordo económico que permitirá ao club vigués competir na categoría de élite do balonmán español.
Segundo explicou Caballero, o Concello declara por escrito que a Fundación VIDE conta actualmente cos 170.000 euros que precisa o Octavio para xogar na Liga Asobal, en concepto de cota de participación, cartos procedentes da cooperación de empresas e entidades privadas da cidade.
O alcalde vigués explicou que, tan pronto coñeceu a necesidade do Pilotes, fixo un chamamento ao sector privado de Vigo para acadar a súa cooperación e, tras agradecer o compromiso destas co deporte, sinalou que "o mecanismo funcionou". Esta fórmula xa foi empregada polo Concello para colaborar co Real Club Celta de Vigo na campaña promocional "Visita Vigo".
Abel Caballero recordou a importancia que ten para Vigo contar cun equipo na máxima categoría do balonmán español pola proxección da cidade no exterior, e subliñou o traballo do equipo directivo do Octavio, co seu Presidente á cabeza, na consecución dos seus obxectivos deportivos.
Pola súa banda, Javier Rodríguez agradeceu "os catro anos de sensibilidade e cariño" do alcalde co deporte en xeral e co balonmán en particular, e agradeceu a "aposta" de Caballero polo club. "O día de hoxe é histórico para o deporte vigués", enfatizou, pois tras anos solicitándoo, o Concello involúcrase directamente na actividade deportiva de Vigo a través de empresas colaboradoras: "é a primeira vez que un alcalde de Vigo ponse ao fronte do deporte vigués".
Descargar todas as imaxes