martes, 21 xuñ 2011
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, xunto co responsable da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, presentaron este martes a edición deste ano da popular proba que celébrase na noite de San Xoan. O número de inscritos ata o momento ascende a 500, máis que en 2010, e contará coa participación de nomes destacados como Carlos Adán ou Julia Vaquero, entre outras.
martes, 21 xuñ 2011
O mércores 22 de xuño Imaxina Sons programa dous pratos fortes no mesmo dia. Primeiro será a Píccola Orchestra Gagarin, que pechará o ciclo de concertos do MARCO ás 20:30h.dentro do festival; este trío bota man de orixinais obxectos, instrumentos e sons para propoñer unha viaxe ao estilo da que emprendeu o astronatura que lles dá nome hai cincuenta anos. Tras este concerto, o festival transládase ao Auditorio Municipal coa Lisbon Underground Music Ensemble, LUME (22h). Dirixida por Marco Barroso, esta big band contemporánea sube a quince músicos ao escenario cunha proposta experimental. A xornada do 22 de xuño rematará con Jazz na Noite da man do grupo Marosa Jazz Project no Contrabajo (Venezuela, 82, 23h).
martes, 21 xuñ 2011
O proxecto "Notas de lectura", de Anja Isabel Schneider, foi elixido como proposta gañadora da 4ª edición do premio para novos comisarios (2011), convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d‘art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes.
martes, 21 xuñ 2011
Na IX edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que se celebran en Matosinhos, do 3 ao 8 de xullo, están inscritos máis de 1.500 deportistas, con idades ate os 16 anos, o que supón reforzar a visibilidade da cidade e un impulso económico á hostalería e a restauración, especialmente castigados pola introdución das peaxes nas autovías do Norte.<br />