Manel Fernández anima á cidadanía a participar na XXVIII Carreira de San Xoán, que suma medio millar de participantes
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, xunto co responsable da delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García, presentaron este martes a edición deste ano da popular proba que celébrase na noite de San Xoan. O número de inscritos ata o momento ascende a 500, máis que en 2010, e contará coa participación de nomes destacados como Carlos Adán ou Julia Vaquero, entre outras.
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou este martes á cidadanía viguesa a participar na tradicional Carreira de San Xoán, que este ano alcanza a súa vixésimo oitava edición.
En rolda de prensa, o edil ofreceu o apoio do goberno local en xeral e do alcalde de Vigo en particular na promoción do atletismo e singularmente nesta proba, que contará coa presenza de Abel Caballero na saída. Fernández garantiu a "colaboración presente e futura" municipal ao presidente da delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio García.
Ata o momento, segundo explicou o propio García, a cifra de inscritos na carreira xa superou os 400 do ano pasado, acadando os 500 participantes, entre os que figuran nomes destacados como Carlos Adán ou Julia Vaquero, entre outros. A cita terá lugar ás 21:15 horas deste xoves na Praza do Rei, co seguinte percorrido de 8,6 quilómetros: Avda Camelias, Romil, Pi y Margall, López Mora, Bar Boo, Coruña, Tomás Alonso, Paulino Freire e Beiramar, finalizando diante dos soportais da Praza do Berbés.
A organización explicou que concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada unha das catro categorías, tanto en homes coma en mulleres: de 14 a 18 anos, de 19 a 35, de 36 a 45 e de 46 en adiante. Tamén haberá un sorteo de agasallos entre os participantes, aos que obsequiarase cunha ración de sardiñas asadas.
Eleuterio García recordou que os inscritos dispoñen de espazos para aparcamento de vehículos no Porto Pesqueiro, ademais de vestiarios no Pavillón do Berbés e traslado da roupa desde o punto de inicio, na Praza do Rei, ata o lugar de finalización.
Descargar todas as imaxes