Escoitar

O goberno de Abel Caballero proseguirá con "máis velocidade" o proceso de humanizacións nas rúas

O alcalde e o concelleiro de Fomento, David Regades, visitaron este martes a rúa Couto de San Honorato na que o Concello investiu 425.000 euros; unha primeira fase que, segundo explicou o rexedor local, "vai ter continuación" nunha segunda fase xa consignada nos orzamentos. Caballero lembrou que o proceso electoral supuxo un punto de seguido no proceso de humanizacións na cidade e que agora continúa con "máis velocidade" que antes.

martes, 21 xuñ 2011
1308659865couto.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, percorreu a rúa Couto de San Honorato na que se actuou sobre unha superficie próxima aos 5.000 metros cadrados e na que se renovaron as redes de abastecemento, saneamento ou os puntos de luz, entre outros.

Tal e como asegurou o alcalde as humanizacións no centro e nos barrios da cidade realízanse en alta calidade de xeito que, neste caso concreto, o resultado é unha rúa nova tras levar 50 anos "sen unha sola actuación".

Abel Caballero detívose no proceso de humanizacións que segue en marcha en toda a cidade como é o caso de Manuel Álvarez -máis de 5 millóns de euros- en proceso avanzado, a primeira fase da rúa Aragón -2 millóns de euros- e a primeira fase de Martínez Garrido.

Con cargo aos orzamentos deste ano tamén explicou Abel Caballero que arrancaron xa os traballos nas beirarrúas da Avda de Castelao, beirarrúa de Balaídos (Eugenio Kraff-Manuel de Castro), rúa Pino, Esperanto, Panamá e Nicaragua, mellora do entorno da Praza de Independencia, Brasil, Aragón -2ª fase-, Pintor Colmeiro, Troncoso, Martínez Garrido -2ª fase-, Ramón Nieto -2ª fase-, Doctor Marañón, Menéndez Pelayo, Colombia, entorno do parque de Castrelos e rúas Toledo e Severino Cobas, un dos grandes acesos a Vigo.
Descargar todas as imaxes