O alcalde e o delegado do Goberno visitan as obras da nova comisaría da Policía Nacional, que rematarán en novembro
Abel Caballero e Miguel Cortizo coñeceron este luns de primeira man a marcha das obras de construcción da nova comisaría da Policía Nacional en Vigo, ubicada en López Mora, que ten prevista a súa finalización para o mes de novembro. O Goberno de España destina 15 millóns para esta infraestrutura, de 14.500 metros cadrados. O delegado do Goberno en Galicia visitou posteriormente o Concello de Vigo, onde asinou no Libro de Honra municipal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, visitaron este luns as obras de construcción da nova comisaría da Policía Nacional en Vigo, que estará completamente operativa en novembro.
O Goberno de España, a través do Ministerio de Interior, destina 15 millóns de euros á infraestrutura policial, cunha superficie total de 14.500 metros cadrados -distribuidos en seis andares- nos que de forma provisional atópanse actualmente algúns departamentos do Corpo Nacional de Policía.
As novas dependencias acollerán as cinco brigadas operativas, o distrito de Travesas, a Secretaría Xeral, os servizos de tramitación de documentos de identidade e os despachos do comisario xefe e do JUCOL, así como outras facilidades como a galería de tiro, as aulas de formación, salón de usos múltiples, salas de reunións, ximnasio e aparcamento soterrado para vehículos oficiais.
Abel Caballero definiu de "magnífica nova" a designación de Cortizo como delegado do Goberno en Galicia e deulle a "benvida a cidade". "Unha das grandes obras que Vigo ten pendentes é está comisaría", explicou o alcalde olívico, e "hoxe constatamos que segue a súa marcha", polo que recoñeceu ao Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, "por cumprir o seu compromiso coa cidade de Vigo". Caballero amosou a "vontade" de "traballar conxuntamente" co Goberno de España "para que Vigo siga a ser unha das cidades máis seguras de España".
Tras a visita á comisaría de López Mora, o delegado do Goberno en Galicia realizou unha visita institucional ao Concello de Vigo, onde asinou no Libro de Honra en presencia dos voceiros dos tres grupos políticos con representación municipal.
Descargar todas as imaxes