O MARCO acolle dentro de Imaxina Sons un desafío de violoncelos cos músicos Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira
O martes 21, continua o programa de Imaxina Sons no MARCO. Ulrich Mitzlaff e Miguel Mira formulan un xogo entre violoncelos na procura da súa propia esencia, dos valores intrínsecos dun instrumento que, de súpeto, pode verse afastado da súa sonoridade máis popular. O martes 21 Jazz na Noite ten lugar no Xancarajazz (Isabel II, 6) cunha proposta da asociación cultural Cumbe, desde A Coruña, que reúne a dez músicos no club vigués.
Violoncelos que se achegan a contrabaixos cando o dúo soa a jazz e violoncelos que semellan enxeños electrónicos. Música experimental e improvisada nun formato único; o dito, unha rareza. O dúo de Mitzlaff e Mira estreouse no LEM Festival Primavera 2009 no Museu d´Art Contemporani de Barcelona onde chamou a atención a interactividade que transmitía a dupla experiencia sonora. Despois chegaría a edición do cd Cellos (Creative Resources, 2010). Mitzlaff colabora regulamente con algúns dos máis relevantes músicos experimentais en Portugal, como Carlos "Zíngaro", Nuno Rebelo, Carlos Santos e Carlos Bechegas.
Mira, pola súa parte, ten un percorrido no jazz que pasou por practicamente todas as súas tendencias, desde a fusión até a libre improvisación, en proxectos como o Motion Trio e os Rive Gauche, tendo colaborado con importantes nomes como Carlos "Zíngaro", Rodrigo Amado e Scott Fields. Nas súas palabras, persiste na indagación do papel dos instrumentos de corda para o jazz e a improvisación. Ámbolos dous músicos participan na actividade da asociación Granular (www.granular.pt), dedicada a promover a arte experimental en Portugal.
Na programación de Jazz na Noite o festival achégase ao club Xancarajazz. A Latin Jam que nos presenta a asociación cultural Cumbe reivindica os estilos musicais nacidos ao abeiro das revoltas e cambios sociais dos anos sesenta e setenta que desembocaron en conflitos entre o pobo e o poder establecido. A asociación Cumbe resístese a esquecer as consignas alí xurdidas. Os músicos da Latin Jam son: Javier Ferreiro ¨Man¨, bongo, Miguel Cabana , timbal, Miguel Queixas, bateria, Rubén Montes , tumbadora, Lucía Souto, voz, Sergio Delgado, piano, Quique Alvarado, baixo, Pepe Doré, saxo, Santi Gonzalez , saxo e Nando González , trompeta. A partir das 23h e con entrada libre.