xoves, 23 xuño 2011

O alcalde rubrica co Pilotes Posada o acordo económico que lles permitirá competir na Asobal

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do Academia Octavio Pilotes Posada, Javier Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asinaron hoxe xoves o acordo económico que fai posible que o equipo vigués compita na máxima categoría do balonmán español. Segundo explicaron, a Fundación VIDE achegará ao club os 170.000 euros necesarios procedentes de achegas de empresas privadas. Javier Rodríguez salientou que "é a primeira vez que un alcalde de Vigo ponse ao fronte do deporte vigués".

Caballero felicita aos 19 axentes que entran en prácticas na Policía Local de Vigo

xoves, 23 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, saudaron este xoves aos 19 axentes que remataron a súa formación na academia de A Estrada e incorpóranse desde hoxe á Policía Local de Vigo, onde operarán en prácticas ata o próximo mes de novembro, data de entrada efectiva do corpo. Caballero amosouse "satisfeito" pola suma de novos efectivos de seguridade, medida que forma parte da "vocación" do goberno local.

Caballero amosa a súa disposición de estudar a situación do abastecemento de auga en Baiona

xoves, 23 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que recibiu este xoves unha chamada do conselleiro de Medioambiente, Agustín Hernández, informándolle dun "problema de futuro" que podería causar "algunha dificultade de abastecemento de auga no Concello de Baiona". Caballero recordou que en outubro de 2010 xa resolveu un problema similar co alcalde de Baiona "en cinco minutos" e amosouse disposto a estudar esta situación co seu homólogo e o conselleiro.

O alcalde tranquiliza aos veciños da rúa Ecuador ao afirmar que non hai licencia para unha antena de telefonía móbil

xoves, 23 xuñ 2011

A concelleira de Urbanismo e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, investigou a situación da antena tan pronto tivo coñecemento. Abel Caballero insiste en que neste momento nin sequera se iniciou un proceso de petición de licencia e avanzou que xa se advertiu á empresa de que se "absteña" de facer calquera instalación porque o Concello a paralizaría de non cumprir coa legalidade.

A Concellería de Educación remata o curso co programa "Crea na Escola"

xoves, 23 xuñ 2011

A concelleira de Educación, Raquel Díaz, inaugurará o "II Certame de Arte Infantil" mañá venres 24 de xuño ás 17:00 horas. A iniciativa municipal remata o curso cunha mostra dos traballos elaborados neste 2010-2011. Conta coa achega de 850 escolares vigueses que participaron nos certames de Arte Postal, Banda Deseñada e Arte Infantil.