venres, 24 xuño 2011

O alcalde coordina un panel de debate nas xornadas "Alternativas sociais e económicas fronte á crise"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, coordina este venres o terceiro panel de debate deste foro que ten lugar en Salamanca ata o próximo domingo, 25 de xuño. En particular, Caballero coordina o panel de debate titulado "Os equilibrios internacionais: un desenvolvemento mundial sostible e compartido", no que participan, entre outros, Carlos Berzosa, catedrático de Economía e reitor da Universidade Complutense de Madrid.

Carmela Silva reitera que o Concello está do lado da legalidade e cumprirá as instruccións xudiciais sobre o edificio de Churruca

venres, 24 xuñ 2011

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo informou dunha reunión mantida hoxe venres cos veciños do edificio de Churruca, con sentencia firme de demolición parcial do TSXG, onde explicou que "son os xuices os que toman as decisións" e "este goberno sempre estará do lado da legalidade". A partir de aquí, Silva amosouse disposta a pedir instruccións ao Xulgado sobre como operar no caso de que o demandante solicite ao Tribunal renunciar a parte da execución.

Vigo non rexistra incidentes na noite de San Xoan

venres, 24 xuñ 2011

As instruccións e medidas de seguridade propostas polo Concello de Vigo para a noite máis curta do ano deron un bo resultado na cidade, sen incidentes de gravidade por parte do servizo municipal de Bombeiros. Por outra banda, Limpeza retirou 21.500 quilos de residuos e cinzas mediante un dispositivo formado por 44 traballadores e 14 vehículos.