O proxecto ‘Notas de lectura’, de Anja Isabel Schneider gañador do Premio MARCO/FRAC Lorraine para Novos Comisarios<br />
O proxecto "Notas de lectura", de Anja Isabel Schneider, foi elixido como proposta gañadora da 4ª edición do premio para novos comisarios (2011), convocado conxuntamente polo MARCO de Vigo e o FRAC Lorraine (Fonds régional d‘art contemporain de Lorraine) de Metz, Francia, e que ten como obxecto a realización dun proxecto expositivo para as dúas sedes.
O xurado —composto por Beatrice Josse, directora do FRAC Lorraine, e Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO— tomou a súa decisión tras ter analizado un total de 117 propostas, avaliadas en función da súa calidade, a súa viabilidade, e a súa adecuación ás características das salas do MARCO e do FRAC Lorraine como espazos expositivos. No tocante á súa procedencia, ademais dos proxectos recibidos dende Galicia (4), España (29), e Francia (26), este ano se presentaron candidaturas de Alemaña (11), Italia (10), Reino Unido (7), EUA (6), Federación Rusa (4), Portugal (2), Canadá (2), Bélxica (2), Austria (2), Brasil (2), e 1 proxecto por cada un dos seguintes países: China, Cuba, Holanda, India, Taiwán, Singapur, Polonia, Porto Rico, Romanía e Sudáfrica.
Anja Isabel Schneider (Reutlingen, Alemaña, 1976), crítica de arte e comisaria independente, formouse como historiadora da arte en Estados Unidos (Universidade de California), Alemaña (Eberhard-Karls-Universität), e Londres (Courtauld Institute of Art; Goldsmith University), cidade onde traballa e reside na actualidade. O seu proxecto "Notas de lectura", que reúne traballos de 14 artistas, toma como punto de partida unha obra do escritor uruguaio Felisberto Hernández (1902-1964), para explorar a noción de lectura e as súas diferentes modalidades, experiencias e estruturas. As obras exhibidas fan uso da relación e interacción entre texto e lector, así como da condición, o acto e o proceso da lectura, a través dos cales se constrúe o significado. A exposición terá lugar entre xaneiro e abril de 2012 no FRAC Lorraine, e de xuño a setembro de 2012 no MARCO de Vigo.
Descargar todas as imaxes