xoves, 30 xuñ 2011
A Vigo Cup 2011, o torneo de fútbol base internacional presentado hoxe na Fundación VIDE polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, contará con marca histórica de equipos inscritos (218) e de participantes (3.300). O campionato xogarase do 4 ao 10 de xullo en dez campos da cidade e rematará no estadio municipal de Balaídos coa disputa de todas as finais de fútbol 7 e de fútbol. Equipos de Galicia, Castela-León, Andalucía e norte de Portugal buscarán a vitoria logo de 554 partidos.
xoves, 30 xuñ 2011
O alcalde de Vigo clausurou este xoves a XXII Olimpiada Matemática, que celebrouse na cidade desde o pasado 26 de xuño, ante un centenar de persoas aproximadamente. Caballero tamén participou da entrega de premios, previa ao paseo polos xardíns históricos do Pazo Museo Quiñones de León. O evento estivo organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e contou coa colaboración da Concellería de Educación.
xoves, 30 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ofreceron hoxe xoves unha recepción ás seleccións da cidade olívica que participarán nos IX Xogos do Eixo Atlántico, que terán lugar na localidade portuguesa de Matosinhos do 3 ao 8 de xullo. Os Xogos acollerán a cerca de 1500 participantes de 25 municipios galegos e portugueses que competirán en modalidades como o balonman, baloncesto, atletismo, fútbol sete, voleibol, voleiplaia e natación.
Librería Médica Carrera reforza o seu liderado no sector coa apertura das novas instalacións
xoves, 30 xuñ 2011
Coa posta en marcha deste novo establecemento de máis de 600 m2 a compañía amplía a súa oferta comercial. Fundada en 1972, Librería Médica Carreira é a primeira librería especializada en medicamento de Galicia e un referente no mundo editorial científico-médico de España. Carreira lanzará proximamente a súa aplicación para a venda de libros a través de telefonía móbil e tablets.
Vigo lidera este proxecto, dentro do programa Cultura da Unión Europea
xoves, 30 xuñ 2011
A delegación viguesa, formada por técnicos da Concellería de Educación, Director e mestres da e-Trad e pola Orquestra Sondeseu, desenvolverá diversas sesións de traballo e abrirá o festival Céltica 2011 no val alpino de Aosta.
xoves, 30 xuñ 2011
A praza de Compostela será un ano máis o lugar de encontro cos libros dende o 1 e ata o 10 de xullo coa celebración da XXXVII Feira do Libro de Vigo. A escritora Iolanda Zúñiga será a encargada da lectura do pregón inaugural ás 19:30 horas.
xoves, 30 xuñ 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 1 DE XULLO DE 2011